La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

12 Octubre 2007

ORTIGUEIRA SOSTIBLE SOLICITA INFORMACIÓN AMBIENTAL SOBRE OS RIOS ESTEIRO E LOMBAO

Recentemente, no curso dos roteiros efectuados polos rios da nosa comarca, puidemos observar que as entulleiras de lousa procedentes das canteiras de Monte Rande e Lombao, explotadas polas empresas Pizarras Campo e campo Lombao SL respectivamente, soterran xa completamente as canles dos rios Esteiro e Lombao nun tramo considerable e invaden os terreos colindantes producindo un enorme deterioro nas ribeiras, que xa non existen como tais. Un notable anaco dos nosos espazos naturais semella irremediablemente perdido. Un lugar emblemático da cultura local, o singularmente fermoso entorno do santuario de Nosa Señora de Portas se atopa brutalmente profanado. Na proximidade das entulleiras os lodos grises enturban completamente as augas, no curso baixo a decantación dos lodos deixan ver claras augas que se revelan nembargantes completamente mortas. A ausencia de macroinvertebrados, considerados eficaces bioindicadores e cuia abundancia caracteriza os ríos da nosa comunidade e lle confire especiais condicións de biodiversidade, revela unha pobre calidade das augas e posiblemente un alto nivel de contaminación. A asociación ecoloxista ADEGA denuncia que a acumulación e oxidación dos refugallos de lousa aumentan o xofre ata niveis tóxicos, e nós lembramos que estes poden afectar a estación de subministro de auga do río Baleo do que é afluente o Lombao. En todo caso a saúde dos ríos afecta ao conxunto medioambiental e o seu deterioro pode conducir á ruptura dos ecosistemas de un lugar. Preocupados por todo isto , presentamos unha solicitude de información á Consellería de Medio Ambiente para que se nos aclare se as canteiras cuia actividade teñen producido estes danos están a exceder a súa licenza de explotación, qué condicións deben de cumprir en relación aos espazos afectados por esta actividade e qué medidas vai a adoptar a Consellería en relación con estes feitos.

servido por ortigueira 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

gatameiga

gatameiga dijo

- Por que razón se ha borrado los comentarios aparecidos en esta sección ??
- Por que se ha hecho desaparecer ??
- Quien lo ha hecho desaparecer ??
- Tan importante era lo que se decia en los 5 comentarios desaparecidos ??

12 Octubre 2007 | 08:45 PM

Ortigueira

Ortigueira dijo

Proba a buscar eses comentarios no post Onde está o río Esteiro? Ao mellor buscabas no sitio equivocado.

15 Octubre 2007 | 02:01 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera