Numerosos estudios científicos advirten dos prexuízos que as radiacións emitidas polas antenas de telefonía móbil poden producir a medio e longo prazo sobre a saúde das persoas expostas prolongadamente a estas nun radio menor de 200 m.

Por precaución sería logo obrigado impedir a ubicación de estas instalacións nos lugares onde non estean garantizadas estas distancias mínimas a vivendas habitadas.

Pola contra, na rúa Francisco de Santiago onde Telefónica ten actualmente instalada unha antena de telefonía móbil e ten solicitada licencia municipal para a apertura dunha nova non so hai numerosos veciños senón que hai asemade unha gardería a 70 metros e dous centros educativos, o colexio de primaria e o instituto de secundaria, a 200 e 150 metros respectivamente.

Estes son os argumentos cos que, na xuntanza do pasado mércores un grupo de veciños afectados demandaron das autoridades que denegase licencia de apertura para a citada estación de telefonía e que iniciasen os trámites necesarios para retirar a antena existente e reubicala nun lugar afastado alomenos 300 metros das vivendas.

Os convocantes animaron a que todos os veciños que se considerasen afectados colaborasen presentando o maior número posible de alegacións no Concello e ofreceron un modelo de solicitude dirixida ao alcalde no que se expoñen as súas razóns e demandas que se poden recoller e cubrir nas mesmas oficinas do Concello.

Ortigueira Sostible quere facerse eco destas reclamacións que consideramos afectan á saúde pública en xeral e instamos tamén as autoridades municipais a que elaboren unha normativa que regule as condicións nas que se poden albergar este tipos de instalacións probadamente insalubres.

Mais información sobre contaminación electromagnética: