La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

22 Octubre 2007

ECOPRAIAS NON É UNHA CERTIFICACIÓN DE CALIDADE AMBIENTAL

ATEGRUS é unha asociación privada financiada e constituída maiormente por membros de empresas profesionais do sector de xestión de residuos e medio ambiente, que levan a cabo actividades diversas relacionadas con éste, entre outras o concurso de xestión ambiental de praias no que o concello de Ortigueira inscribiu á praia de Morouzos e polo que ven de recibir agora o premio nomeado como Bandera Ecoplaya.Tamén é unha fundación privada, a FEE (Fundación para a Educación Ambiental) a que todos os anos concede as coñecidas bandeiras azuis.

As administracións municipais conscientes de que a ecoloxía é un elemento cada vez mais valorado, xestionan a obtención destas bandeiras cara a promoción turística do seu concello e fan sempre unha gran publicidade dela nos medios de comunicación. Pola súa parte as entidades premiadoras obteñen así presenza pública e difunden as súas actividades e servizos.

Pero os usuarios das praias tamén queremos saber se estes distintivos funcionan só como reclamo turístico e promocional ou pola contra serven como garantía de calidade ambiental. No caso dos premios Ecoplayas de ATEGRUS, estes se conceden a partir dun pouco imparcial mecanismo que consiste nunha memoria xustificativa da xestión global realizada na praia, que aporta o propio concello que concurre ao premio. Alomenos FEE concede as súas bandeiras sempre tras unha avaliación anual realizada por inspectores da propia entidade, en función de criterios ecolóxicos como a calidade das augas, a limpeza e a dotación de servizos.Asemade os usuarios (aínda que esta posibilidade é pouco coñecida) poden realizar denuncias si observan deficiencias ambientais. Nembargantes o prestixio das bandeiras azuis ultimamente está en franca regresión. En 1999 a Comisión Europea conxelou as subvencións destinadas á FEE pola cantidade de queixas e denuncias acumuladas contra esta entidade provenientes na súa meirande parte de España. As asociacións ecoloxistas (Greenpeace e Ecoloxistas en Acción entre outras) denuncian que o distintivo azul ondea en praias onde emisarios submarinos verten aguas fecais ou residuos industriais tóxicos e non se retiran de praias francamente degradadas polo urbanismo invasivo, polo que son fonte de confusión e poden constituir un auténtico engano para os usuarios destas. Pero os verdadeiros responsables de esta confusión son as administracións municipais porque queren facer pasar estas distincións por certificados oficiais de excelencia cando acreditan só un recoñecemento á xestión de limpeza da praiae a dotación de servizos como socorrismo e aseos.

Existe nembargantes un instrumento de avaliación ambiental verdadeiramente rigoroso. Se trata da certificación en xestión ambiental de praias mediante á aplicación da norma ISO 14001 e o Reglamento EMAS. O concello que solicita a implantación deste sistema obtén un certificado de tres anos de vixencia e recibe unha auditoría anual de seguimento por parte de empresas independentes que certifican o cumprimento da lexislación vixente xunto co do resto dos requisitos da norma de referencia. Asúmesmo debe establecerse un programa de obxectivos e metas medio ambientais, asumir un compromiso de prevención da contaminación e debe demostrarse unha mellora continua (non só unha intervención puntual) na xestión das praias. Os propios usuarios poden reclamar á entidade certificadora para que revise presuntas deficiencias, solicite medidas correctivas e incluso decida a suspensión do certificado.

Este sistema esixe, polo tanto o compromiso medio ambiental elevado e continuado que necesita un espazo protexido por lei, como a praia de Morouzos, para a súa auténtica posta en valor como tal, pero é incompatible con prácticas que supoñen un reiterado atentado contra deste, como a xa denunciada e masiva acampada libre que sufre cada ano perante o festival.Por tanto o mais probable é que someterse a esta avaliación teña pouco interés para esta administracción, centrada na autopromoción e o marketing institucional, que por unha banda quere facer uso dos valores ambientais como reclamo e por outra alenta o turismo agresivo e promove o urbanismo depredador.

servido por ortigueira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera