La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

23 Octubre 2007

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA DEFENDE A LICENZA DE PARQUEMAR

O Concello de Ortigueira declara, segundo publica hoxe El Diario de Ferrol que a licenza concedida para construír a urbanización Parquemar na zona de protección do castro Campo da Torre está “completamente en regra e que se actuou conforme á lei á hora de outorgar o citado permiso”. O Concello contradí deste xeito o informe dos técnicos de Patrimonio onde se establece que:

  1. A citada urbanización afecta á zona de protección dun castro catalogado
  2. As obras realizadas carecen de autorización da Dirección Xeral de Patrimonio
  3. A autorización de Patrimonio é preceptiva para calquera intervención nun ben inventariado.

Preguntámonos cales destes puntos probados e incontrovertibles se pretende desmentir dende o Concello. E recordamos que aínda estamos agardando a intervención da Dirección Xeral de Urbanismo en relación á mesma urbanización Parquemar, neste caso por vulnerar as normas subsidiarias do planeamento urbanístico no artigo que establece a prohibición de edificar nos cen primeiros metros do contorno dun castro.

Reiteramos a nosa preocupación polo atraso de ámbalas dúas entidades públicas para intervir, o cal está a permitir un progreso das obras notablemente acelerado polos constructores que, se a promoción é finalmente expedientada, só redundará en prexuízo dos cidadáns, os que finalmente nos temos que asumir as consecuencias da ineptitude das administracións.

servido por ortigueira 4 comentarios compártelo

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

The homiño

The homiño dijo

A ver, e lojo se todo isto fora certo, ¿cómo é que non aparece na Voz, eh? Seica pensades que somos tontos. Se fora certo, ¿non iba aparecer na Voz? ¿E logo don Latorre non iba ver esas cousas, sendo como é un fillo de Ortigueira?

30 Octubre 2007 | 06:31 PM

Il Padrone

Il Padrone dijo

Bene, bene, omigno. Has dado in tutto el clavo. Questi vermi vermegli si crede que poden andare dicindo o que queiran de quen queiran.
¡Ah, maledetti! Se questo fose Sicilia... ¡

30 Octubre 2007 | 06:34 PM

Julian Muñoz

Julian Muñoz dijo

Non, si ao final voy a estar moi ben acompañado.

30 Octubre 2007 | 07:03 PM

La Pantoja

La Pantoja dijo

Ai amó,
que no zé qué eztá pazandoo,
que eztá el mundo del revez
noz eztán enchironando
y no hai naíta que hacéeee

30 Octubre 2007 | 10:19 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera