La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

24 Octubre 2007

A NOVA REDE GALIZA NON SE VENDE CONVOCA UNHA MOBILIZACIÓN PARA FEBREIRO

O pasado sábado os membros de Rede Litoral Vivo celebramos unha xuntanza na galería Sargadelos de Compostela na que acordamos que debido á incorporación de novos colectivos procedentes do interior do Pais, afectados por diferentes problemas non relacionados co litoral a rede pasa a denominarse “Rede Galiza non se vende”.

A primeira decisión tomada pola nova rede foi a de convocar unha grande manifestación nacional para o Domingo dia 17 de febreiro do 2008. Para prepararla creouse unha Comisión de traballo integrada por membros de Fusquenlla, A Ria Non se Vende, S.O.S. Courel, Afectados/as polo Vertedoiro de Carvalleda de Ávia (Ribadavia), Burla Negra, Greenpeace e Verdegaia.

Por outra banda acordamos apoiar aos colectivos que convocan a manifestación do próximo dia 4 de novembro en Corrubedo en contra do Plan Acuícola da Xunta. A adhesión se realizará en nome de Rede Litoral Vivo posto que todavía non se levou a cabo a presentación oficial da nova rede, que faremos axiña en rolda de prensa xuntamente coa tamén nova web que están a crear Funsquenlla en coordinación con Verdegaia.

Tamén se ten previsto que Rede Galiza non se vende participe no Festival Terractiva en Arzúa o próximo dia 17 de novembro onde ocuparemos un stand para dala a coñecer e informar sobre a gran movilización de febreiro.

servido por ortigueira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera