A fundación chamada Cidade da Cultura , que controlaba a xestión das obras de construcción do proxecto do monte Gaiás, encargou un informe a empresa Proegsa sobre a colocación de cuarcita na cuberta da Cidade da Cultura un ano antes de que saise a concurso o subministro do material de cuberta que se adxudicaría á empresa de Antonio Campo e os seus irmáns no 2003 e que supuxo para a sua empresa un contrato por 6,6 millóns de euros.
Dita Fundación está sendo responsabilizada, por parte dos membros do goberno na comisión de investigación da maior parte das irregularidades na xestión das obras e na orixe da falta de control do gasto xerado polo proxecto. Nesta xestión as beneficiadas co groso das contratas ou subcontratas foron as empresas vinculadas ao entorno familiar ou político do entón conselleiro Xosé Cuiña, entorno no cal sempre se viu adscrito o ex alcalde de Ortigueira, cuia dimisión aparece no diario El Pais vinculada ao comezo das tarefas da comisión parlamentaria que ven de revelar estes feitos.



O ex- algo sabía, diho eu. Pero aviso aos da Comisión parlamentar, que non se chamen ao engano, e que teñan coidado con levalo a declarar, que rematan todos xantando na sua casa de Cuiña. Ao tempo.
Me parece que xa poucos rifan por comer á sua mesa. Ao mellor pola contra están empezando a notar agora a dixestión daquelas comidas un pouco pesada.
Eu xa non vexo utilidade ningunha á cidade da cultura. É seguir alimentando con cartos o grande pufo da xunta do PP como se vai descubrindo agora entre primos e cuñados. Vai sair máis barato tiralo todo abaixo no canto de continuar desangrando os presupostos da comunidade.
Lamentablemente esta Xunta no é capaz de sair da rede. O complexo se rematará aínda que non saiban para qué. A cuberta irá posta de cuarcita, aínda que se adxudicara o contrato por influenzas políticas e haxa que extraela dunha canteira ilegal, porque xa vai medio posta. Feitos consumados. A Fundación seguirá a xestionar a construcción do complexo porque non é posible revogar contratos de obras e contratos laborais. Coñeceremos pola prensa as fortunas que se coceron en torno ao monte Gaiás, pero ninguén asumirá responsabilidades políticas, xudiciais ou económicas. Para cando rematemos de indignarnos xa haberán posto en marcha outro Gaiás noutro lado e as culpas dos actuais investigados na comisión parlamentar quedarán borradas.
Antonio Campo también dejó recientemente la presidencia de la camara minera. Su sucesor y ahora portavoz del órgano que agrupa a las empresas mineras fue alto cargo de la Consellería de Medio Ambiente en el último gobierno del PP. Como director general de Calidade e Avaliación Ambiental, firmó las declaraciones de impacto ambiental de varias concesiones mineras -entre ellas una que la Comunidade de Herdeiros de Antonio Campo Núñez tramitó en 2005 en el ayuntamiento de Ortigueira. Sobre todo esto nos está informando el diario El País que desde el mes de agosto va soltando información sobre el entramado que se esta destapando en la Comisión de Investigación de las obras de la Cidade da Cultura. ¿Sera cierto que lo más jugoso aún está por llegar?
Hoxe no diario do fillo adoptivo de Ortigueira aparece unha interesante nova relacionada ca implicación dos Campos na Cidade da Cultura. Menos mal que ainda nos queda a fiscalia.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/11/07/0003_6296578.htm?...
Hoxe comezou a tramitación parlamentar da nova Lei da Mineria. O portavoz do BNG en materia de Industria, Enerxía e Empreg, Fernando Blanco, lembrou que a única lei vixente na actualidade é a estatal, de 1973, “vetusta e cunha lóxica moi intervencionista” polo que insistiu na necesidade dun texto “máis moderno e eficiente”.
O parlamentar nacionalista defendeu o texto por “pechar a cadea de valor da actividade extractiva galega”, entre outros puntos como o reforzo da inspección de riscos laborais ou a creación do Consello da Minaría e dun rexistro desta actividade.
Para dar unha idea da importancia que ten o sector no noso país, o deputado lembrou que hai 214 concellos galegos que desenvolven algún tipo de actividade relacionada coa minaría e un total de 500 explotacións, das que 277 están por regularizar, isto é, máis do 50%.
“Non todo é regularizábel”
Neste sentido, o portavoz nacionalista quixo puntualizar que “non todo é regularizábel” e, como exemplo, mencionou a mina da que se extraeu o material para cubrir a Cidade da Cultura.
Pois a ver qué fan, porque aínda queda moita cuarcita por colocar na cidade da cultura. Porán o resto de granito rosa-porriño? Colocarán cuarcita extraída ilegalmente? Legalizarán temporalmente a canteira ata que esté rematada a cuberta da cuncha do Gaiás? Farán unha nova acrobacia política para que digo sone a diego?
Seri moi esperanzador que isto fora o fin do clientelismo na Galiza que ainda se manten como un xeito de novo caciquismo. A agardar ¿canto tempo?