POLA TÚA TERRA, POLO TEU MAR
NON AO PLANO ACUÍCOLA
VINDE BERRAR A CORRUBEDO, VINDE LOITAR POLO MAR, VINDE DEFENDER A TERRA
Facemos un chamamento a todos os colectivos, organizaciónS e persoas a título individual do país noso a acudir en masa a Corrubedo o vindeiro domingo, 4 de novembro, para amosar a nosa oposición á expropiación e venda da nosa costa, do noso litoral virxe, ás empresas depredadoras.
A concentración será no Porto de Corrubedo, para logo discorrer a Marcha cara o Faro, emblema litoral que este domingo debe ser a capital galega da dignidade do pobo, da defensa do noso.
INFORMACIÓNS PARA ACHEGARSE AO CABO
· A Vía Rápida da Barbanza está cortada, polo que é importante saír con tempo para chegar ás 12:00 ao Porto de Corrubedo. Aos que se acheguen da Galiza Norte aconsellámoslles ir pola estrada Santiago-Noia e desviarse a Corrubedo un chisco antes de chegar a Ribeira. Os que veñan da Galiza Sur terán que coller a vella estrada Padrón-Ribeira, pasando por Boiro e a Pobra do Caramiñal. Sendo domingo pola mañá o tráfico é pouco, pero cando menos se emprega media hora máis do normal en chegar a Corrubedo.
· Aparcadoiros: a entrada ao cabo de Corrubedo ten unha recta ben longa con arcéns suficientemente anchos para aparcar vehículos. Non se poderá aparcar no porto, polo que haberá que deixar os coches e autobuses nesa estrada ou na estrada do faro. Haberá policía local para regular este eido.
· Corrubedo é un pobo pequeño e os seus servizos son limitados. No entanto existen algúns negocios de hostelería á entrada do pobo e tamén no porto. Ribeira está a só 7 quilómetros.



Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados