CATRO MIL VOCES CONTRA O PLAN ACUÍCOLA

Preto de 4.000 persoas sendo a organización e 2.500 segundo a Policía Local de Ribeira manifestáronse este domingo en Corrubedo contra o Plan Acuícola da Xunta. En todo caso, participou na marcha máis xente da que estaba prevista nun principio, co apoio de varias ducias de asociacións de todo o país.
O faro de Corrubedo converteuse nun símbolo da defensa do litoral, pois unha das 26 plantas previstas no Plan Acuícola afectará unha zona de gran valor ecolóxico a escasos metros do faro, a Laxe Brava. Alí, Xosé Manuel Beiras, Patricia Vázquez, Luís Tosar e Antón Reixa leron un manifesto a prol da conservación da costa do país.


