La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

8 Noviembre 2007

SALVAR O NEGOCIO

Recentemente o novo alcalde, Rafael Girón anunciou que valora seguir adiante co PXOM informado desfavorablemente pola Xunta (nova en La Voz de Galicia).Do mesmo xeito que fixera Antonio Campo, defende o planeamento proposto polo Concello aducindo que a previsión de crecemento urbanístico prevista non é tan desmesurada como di o informe pese ao crecemento negativo da poboación, posto que as cifras do plan se corresponden coas actuais. Asimesmo restanlle importancia ao informe avaliador por considerar as súas observacións son a título de recomendacións e por tanto non concluíntes. Efectivamente o informe de avaliación da Xunta é previo á exposición pública e a súa aprobación definitiva pola administración autonómica, nembargantes moitos reparos do informe son mais conminatorios que a simple suxerencia: Refírense a inadecuación do planeamento á lexislación vixente e non é posible ignoralos alomenos si se desexa que o plan obteña a aprobación definitiva na Xunta. A xustificación das previsión do crecemento segundo o informe fanse necesarias “para dar cumprimento aos artigos 15 32 e 52 da LOUG no que atinxe aos principios de utilización racional dos recursos naturais e de desenvolvemento sostible, fundamentándose a transformación urbanística de solos nas necesidades de poboación”. Pero ademais, a suposta necesidade de vivendas tampouco xustificaría a desmesurada expansión de as áreas urbanizables cando aínda queda suficiente solo urbán por ocupar. Grandes extensións de térreno que se pretenden clasificar como urbanas ou urbanizabeis non cumpren os requisitos legais e tampouco están adecuadas á lexislación gran parte das zonas de expansión de núcleos rurais previstas. Algunhas destas invaden zonas de protección costeira a 500 ou incluso dos 200 metros da costa ou protexidas pola Rede Natura. Tampouco son compatibles con esta catalogación a instalación de infraestructuras como o campo de golf que se pretende ubicar en Lúama. E para todo este crecemento a Xunta delata ademais unha notoria falta de previsión de infraestructuras e servicios esixida tamén por lei para garantir un funcionamento axeitado e sostible dos usos urbanísticos proxectados. O informe da Xunta apórtanos indicios preocupantes que aínda sen coñecer o contido íntegro do planeamento urbanístico presentado polo concello, nos permiten inferir que se tenta preparar o terreo para unha expansión urbanística orientada ao negocio inmobiliario de segunda residencia, de marcado signo especulativo e depredador dos espacios naturais, e que o goberno municipal promove na medida en que sigue a defendelo pese as discordancias legais evidenciadas no informe. Porque detrás de esta defensa atópanse intereses que nada teñen que ver coa planificación dos espacios para un crecemento acorde coas necesidades sociais actuais e futuras do municipio, nin coa conservación desa “compoñente paisaxística” excepcional que din os técnicos da Xunta, “debe constituír un dos principios xeradores do planeamento”.

servido por ortigueira 4 comentarios compártelo

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Kímiko

Kímiko dijo

Nunha das noticias que sairon na Voz sobre o asunto do PXOM en Ortigueira expoñían como argumentos para descalificar os requerimentos da Xunta puntos como que o Plan recomendaba "redactarlo en galego". Cando vin aquilo non daba crédito. Viña a insinuar que era todo una absurda petición dos nacionalistas no goberno...

9 Noviembre 2007 | 01:04 PM

Ornitólogo

Ornitólogo dijo

É certo que o informe da Xunta plantea moitos defectos referidos a cuestións documentais, tal como a redacción en galego, contradicccións no grafiado e outras indeterminacións xurídicas. Pero iso non é o reelevante das obxeccións da Xunta, como di o post. Non é que se lles esté poñendo obstáculos ridículos para parar o PXOM. De feito si só fose o do galego non habería,digo eu ningún problema en subsanalo (Ou si?) As obxeccións importantes non son tan fáciles de enmendar; habería que replantealo todo dende o principio.

9 Noviembre 2007 | 03:57 PM

Perico

Perico dijo

Estes non recúan, non. Ao galego ao mellor si que o traducen, despois limaranlle por ahí algunha cousiña, poñeranlle algún espacio verde mais (porque estes tiñan, non volo perdades, computado o cimeterio como espacio libre para acadar os mínimos de dotacións xerais esixidos pola lei),e punto. Pero antes de tocar as areas recalificadas van mover roma con santiago, que hai moito negocio ahí metido. Polo menos, co do campo de golf de Luama creo que non teñen nada que facer. Nin aínda que volvera o PP, ao non ser que fose con Cuiña de presidente; e penso que vai ser que non. Ese en política xa colea menos que Antonio Campo.

9 Noviembre 2007 | 04:40 PM

A Pantoja

A Pantoja dijo

Á cadea con Cachuli e os seus palanganeros!

11 Noviembre 2007 | 09:50 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera