O pasado 7 de novembro a delegada en A Coruña do Área de Industria e Enerxía lle concedeu á planta de Reganosa o acta definitiva de posta en servizo sen haber resolto os condicionados impostos pola autorización de construcción de 2004 , nomeadamente os atinxen á directiva Seveso II (trasposta ao Real decreto 1254/99) que require unha distancia mínima de dous kilómetros ata a población, e o relativo á garantía de saída a mar aberto dos buques gaseiros en caso de urxencia perante a descarga, ambolos dous imposibles de resolver.

O Comité Cidadán de Emergencia se viu sorprendido pola precipitación da concesión de Industria que se anticipa aos derradeiros informes solicitados polo propio Ministerio en setembro pasado a varios organismos: O Ministerio de Defensa, a Dirección Xeral de Urbanismo, a Autoridade Portuaria de Ferrol e a Comisión Nacional de Energía, a instancias do propio CCE.

A plataforma cidadá considera que o motivo desta precipitada concesión pode residir na intención da administración de garantir a indemnización aos promotores da planta de Mugardos en caso de que a Acta se fixese definitiva e posteriormente fose paralizada por sentencia nalgún dos procesos xudiciais en curso, xa que contarían con autorización expedida polo goberno central. Tal indemnización correría por conta de todos os cidadáns. Pola cotra se esta Acta é anulada Reganosa non podería funcionar nin recibir indemnizacións ao non ter cumplimentados os requisitos que se lle esixían na autorización de construcción.

Para evitar que se declare definitiva, o Comité cidadán acollerase á interposición de recurso de alzada ante á Delegación do Goberno para que se anule ou revogue a decisión do área de Industria e Energía de A Coruña. Ademais membros da plataforma cidadá desplazaránse a Bruxelas o vindeiro 29 de novembro para presentar personamente ante a Comisión Europea unha nova denuncia contra o funcionamento da planta de Reganosa vulnerando a directiva Seveso II.

Por outro lado a Plataforma conta co apoio da Rede Galicia non se vende,na que nos integramos Ortigueira Sostible, para a convocatoria de unha nova movilización en data por determinar co obxectivo de non rebaixar a intensidade das actividades encamiñadas a obter presenza mediática e apoio da cidadanía, cada vez mais concienciada ante este despropósito.

Recordamos de paso tamén que o dia 11 de novembro a asociación de veciños de Mugardos “Cruceiro de Mehá” deu por finalizado o seu peche no concello tras 111 dias como xesto de rexeitamento ante os abusos da administración no caso de Reganosa. Manifestamos dende aquí o noso profundo respecto ante este testimonio de dignidade e responsabilidade cidadá.