La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

13 Noviembre 2007

VIOLENCIA VANDÁLICA NO CASTRO DE ESPASANTE

O xacemento arqueolóxico de Punta dous Prados, situado na parroquia ortegana de Espasante, foi obxecto este pasado fin de semana de condenables actos vandálicos que afectaron aos elementos recentemente consolidados polos arqueólogos encargados pola Fundación Ortegalia da excavación do xacemento (nova en La Voz de Galicia)A empresa fora financiada cun investimento de 23.316 euros a cargo da Consellería de Cultura, polo que hai que presumir un elevado coste dos desperfectos, aínda por evaluar. Esperamos que canto antes os autores de tan lamentable acto de violencia gratuíta sexan identificados e debidamente sancionados. Lamentamos nembargantes que a preocupación amosada polo alcalde de Ortigueira por estas agresións contra o noso patrimonio non sexa extensible á mais irreversible que está a sufrir o outro castro emblemático da localidade, o de o Campo da Torre e, pola contra sexa el parte activa da súa destrucción como responsable da concesión dunha licencia para construír no seu entorno protexido.

servido por ortigueira 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

Kímiko

Kímiko dijo

Agardemos tamén que esa preocupación non oculte un proxecto de urbanización do castro...

14 Noviembre 2007 | 05:50 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera