La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

29 Noviembre 2007

PUBLICIDADE NON GRACIAS. CAMPAÑA DE ADEGA POLO AFORRO DE PAPEL

A publicidade en soporte papel contribúe en grande mediada a aumentar a fracción de lixo asimilábel ao papel, Este gasto que non solicitamos como cidadáns, supón unha moléstia e un gasto innecesario. A meirande parte desta publicidade soe presentarse en papeis moi caros, satinados, plastificados, blanqueados con cloro, etc, o que implica unha dificultade no seu reciclado, cando na súa grande parte poderia ser en papel reciclado e reciclablel. Outras consecuencias da saturación de publicidade, ademais das

apuntadas, son as seguintes; colapso do buzón, en caso de viaxe, aviso de ausencia para posibles cacos .

Adega, denuncia o feito de que para que alguén non reciba publicidade deba ter que inscribirse nun rexistro cando debería ser ao contrario. Demanda das administración posturas decididas e comprometidas cos cidadáns e o medio ambiente, aplicando normativas ou ordenazas municipais que incidan na reducción da publicidade.

A Xunta de Galiza e aos concellos solicitamoslle; a redacción de normativas que incidan no control e reducción de publicidade. Un exemplo poderia ser o encarecemento dos envios; correos ofrece precios económicos especiais para facilitar o envio de grandes cantidades de propaganda ás grandes empresas. Un encarecemento desas tasas reduciria os envios. Os concellos poderían elaborar ordenanzas municipais que vaian polo mesmo camiño, reducción da publicidade ou recepción da mesma sempre que o desexe e solicite o consumidor e non ao contrario. En Europa e outras zonas do estado como Cataluña existen concellos que reparten pegatinas para colar nos buzóns, donde

se pode ler, “¿publicidade?, non grazas”, “stopublicidade” ou “non metas propaganda” entre outras consignas.

Desde Adega pensamos que as mesmas empresas poderían traballar nesta liña, xá que eles deberían ser as principais interesadas. Un reparto máis eficaz da publicidade podería aforrarlles o gasto de perto do 44 % de folletos ou revistas que van ao lixo así como a mala imaxe de ser unha empresa pouco preocupada polo medio ambiente, i en concreto polo desbaldimento de papel procedente de recursos naturais. Por outra banda Adega demandalle as empresas un maior compromiso co medio, xá que poderían dar exemplo facendo as impresións da sua publicidade en papel reciclado, incitando a súa reciclaxe e a reducir a cantidade de resíduos xenerados.

A cidadania, comunidades de veciños, asociacións de consumidores, etc, ADEGA solicitalle que actúen na liña indicada sumándose a esta campaña, ben a nível individual ou colectivo.

Non Participes no desbaldimento de recursos. Actúa !!!

As listas Robinsón
As listas Robinson son un sistema que permite aos consumidores eliminar o seu nome e o seu enderezo dos listados publicitarios co obxectivo de reducir a cantidade de publicidade personalizada que recibe no seu domicilio, as coñecidas como listas de exclusión. No estado español este sistema o promove a. Este servizo existente

noutros paises foi creado no estado español en1992 pola Federación de Comercio Electrónico e Marketing Directo (FECEMD ) coa finalidade de que calqueira cidadán se poida borrar das listaxes de publicidade empregado polas empreas desta federación (apoximadamente o 90 % das que se adican a publicidade directa). No estado español son xa 30.000 persoas inscritas nas listas Robinson e cada trimestre a cota se incrementa nus 500 afiliados. Igualmente quen o desexe pode facer que lle chegue a sua casa publicidade especializada. Nas denominadas Listas de Preferencias se poden inscribir aquelas persoas que voluntariamente desexen recibir máis publicidade, especificando os ámbitos nos que está interesada/o; viaxes, deportes, fotografia, etc. (ver a web).

Habitualmente as listas Robinson son empregadas pola cidadania en xeral e as Listas de Preferencias por profesionais especializados de diversos sectores.

Contra o correo-mailing, faite un/unha Robinson sobrevive sen publicidade Podes sumarte as listas (e sacarte do mercado da publidade lixo) por internet. Se decides facelo, na páxina web da federación (www.fecemd.org) tes um formulario de afiliación as listas Robinson. Nun prazo máximo de seis meses deixase de recibir a publicidade personalizada

Contra o buzoneo directo

Adega editou unha pegatina que repartirá gratuitamente a calqueira cidadán que se queira sumar a esta iniciativa. Aquelas persoas, negocios, comunidades de veciños que o desexen poden descargarse a pegatina da web de Adega (www.adega.info) e facer impresións para colar nos seus buzóns.

servido por ortigueira 9 comentarios compártelo

9 comentarios · Escribe aquí tu comentario

demian

demian dijo

E non supón un consumo excesivo de papel esa enorme lista Robinson con miles de firmas ?

30 Noviembre 2007 | 09:24 AM

Costoia

Costoia dijo

Pero ti que pensas, que as fan en rollos de papel hixiénico?

30 Noviembre 2007 | 01:28 PM

demian

demian dijo

non se me ocurrira, pero xa vexo que ti sí. Pretendía chamar a atención sobre certo papanatismo pseudoecoloxista, pero xa vexo que ti pensas en cousas máis serias

30 Noviembre 2007 | 05:48 PM

Costoia

Costoia dijo

Mellor un papanatas pseudoecoloxista que un ecoloxista papanatas, non si?

30 Noviembre 2007 | 09:10 PM

friki

friki dijo

o peor é un papanatas integral querendo chamar a atención

30 Noviembre 2007 | 09:14 PM

demian

demian dijo

integrais, comedores de tubérculos, ecoloxistas,.. todo isto sona a rollo sectario trasnoitadísimo

3 Diciembre 2007 | 07:38 PM

Costoia

Costoia dijo

Trasnoitadiño é o antiecoloxismo e papanatas integral non vai polos comedores de salvado dietético polos papanatas de arriba abaixo

3 Diciembre 2007 | 09:47 PM

demian

demian dijo

iso qué é, escritura automática, agrafismo ou oligofrenia?, moito vos aburrides na aldea. Non estabamos a discutir de reciclaxe? pois xa vexo a a cantidade de espazo que estades a consumir na rede para contestar a un papanatas que non debería merecer moita máis atención, a iso referíame eu cando falaba de ecoloxismo de fin de semana

5 Diciembre 2007 | 05:10 PM

Costoia

Costoia dijo

ai, ti discute do que queiras. eu me excuso desa discusión do reciclaxe, pareceme de papanatas discutir se hai que reciclar ou non..perdoade si me como palabras, e que sempre escribo coa boca chea

5 Diciembre 2007 | 06:33 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera