La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

3 Diciembre 2007

O CCE SATISFEITO COAS XESTIÓNS REALIZADAS EN BRUXELAS

A Delegación do Comité Cidadán de Urxencia para a Ría de Ferrol (en diante CCE) regresou de Bruxelas, satisfeita por haber cuberto os obxectivos mediáticos e institucionais que se tiñan proposto. Na súa visita os membros do Comité entrevistáronse con eurodeputados do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, entre eles español Willy Meyer membro da Comisión de Peticións, o italiano Roberto Musacchio e a portuguesa Ilda Figueredo. Asimesmo foron recibidos polos socialistas galegos Antolín Sánchez e Rosa Miguelez. a aragonesa Ines Ayala Sender, membro da Comisión de Peticións e o eurodeputado dos Verdes David Hammerstein. Ademais de entregarlles copia das denuncias para a Comisión de Peticións e Comisión de Medio, nas distintas entrevistas estívose analizáronse estratexias para mellorar as xestións sobre Reganosa nas institucións europeas. A delegación do CCE tamén presentou outro escrito Asinado pola Confraría de Pescadores de Ferrol, para denunciar os danos que na actividade marisqueira está provocando Reganosa, desde a súa entrada en funcionamento en maio pasado..
Así mesmo facilitóuselles copia da denuncia presentada fai un mes ao Comisario Europeo da Competencia pola vulneración de normativa europea da competencia nun convenio subscrito no ano 2000 por D. Manuel Fraga, entón Presidente da Xunta de Galicia, cunha cláusula secreta para esconder investimentos e axudas publicas, actuando en prexuízo doutros operadores do sector enerxético.
O CCE propuxo aos eurodeputados europeos, que unha comisión do Parlamento Europeo se desprazase a Ferrol, para verificar ”in situ que a Planta de Gas de Reganosa vulnera a directiva europea Seveso II, e constitúe unha ameaza para a vida humana, para a riqueza marisqueira da Ría, para o seu patrimonio histórico e o seu potencial turístico.

servido por ortigueira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera