O INSTITUTO UNIVERSITARIO DE XEOLOXÍA ISIDRO PARGA PONDAL CONSIDERA AS ACTIVIDADES EXTRACTIVAS DA LOUSA O MAIOR RISCO AMBIENTAL DO PAIS.

O CONSELLO CIENTÍFICO DO INSTITUTO XEOLÓXICO REXEITA O PREMIO “SANTA BARBARA” CONCEDIDO POLA CÁMARA MINEIRA DE GALICIA AO INSTITUTO COMO XEITO DE REPROBAR OS DANOS AMBIENTALES OCASIONADOS POLAS ACTIVIDADES DO SECTOR MINEIRO DA LOUSA
Comunicado difundido en nome do Consello Científico do Instituto Universitario de Xeoloxía polo seu director, Juan Ramón Vidal Romaní, rexeitando o premio Santa Bárbara outorgado pola Cámara Mineira de Galicia,
“Como responsable do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, teño manifestado moi claramente a miña postura perante a explotación mineira de galicia, nomeadamente no que compre as industrias extractivas de lousa que considero o maior e o mais grave risco ambiental que existe no noso Pais no momento actual. A concesión do premio Santa Barbara na modalidade Comunidad Minera pola Cámara Minera de Galicia foi decidida por persoas alleas ao Instituto e foi onte canto souben do tal feito. Considero incompatible coas miñas ideas ser premiado ou aceitar para o Instituto un premio por parte da entidade que agrupa as empresas mineiras de Galiza que están a provocar danos irreparables e irreversibeis no noso patrimonio natural, científico e medioambiental. Por este motivo rexeito tal distinción e o fago tamén como protesta polas actuacións que as empresas da lousa en O Barco de Valdeorras e no Courel, onde se está a consumar o maior desastre ambiental de galicia. Gustaríame que se lle dera publicidade a esta decisión do Instituto Universitario de xeoloxía
Un saudo cordial
Juan Ramón Vidal Romaní. Director do Instituto universitario de Xeoloxía Eduardo Pondal.


