Os técnicos municipais de algúns concellos do pais deberon de quedar alomenos sobresaltados pola operación realizada pola fiscalía de urbanismo en Mugardos, na que resultaron detidas catro persoas, dous delas directamente vinculadas ao departamento urbanístico municipal. Deste, saían invariablemente rexeitados os proxectos que non levaban o aval na dirección de obra do estudio no que traballaba a ex asesora urbanística detida, que no tempo que estivo contratada polo concello, informou favorablemente proxectos urbanísticos que foron obxecto das denuncias que motivaron esta investigación. Foron detidos tamén o seu irmán, a actual aparelladora e un policía municipal que presuntamente utilizaba o seu traballo para facer xestións para a empresa inmobiliaria que rexentaba a súa dona. A todos eles impútaselles presuntos delictos de tráfico de influenzas e negociacións prohibidas a funcionarios. Prácticas semellantes quedan tan habitualmente impunes que en mais de un concello xa debían ter esquecido que constitúen un delicto. E de feito, as intervencións da fiscalía son tan escasas que semellan ser algo aleatorio que non se corresponde coa verdadeira magnitude do problema. Desta mesma operación, hai que poñer de releve, que no proceso, se está a pasar por alto o que foi a maior operación urbanistico-especulativa de Mugardos; a recalificación dos terrenos cuia concesión tiña o empresario Tojeiro e que hoxe están ocupados pola planta de REGANOSA. Dita recalificación, que xa fai tempo denunciou Comité Cidadán de Emerxencia (mais información aquí), e que xenerou millonarios beneficios para os seus promotores (unha plusvalía do1552%), foi asinada polo actual alcalde (libre polo momento de responsabilidades penais e, que saibamos, tamén políticas) en contra de informes técnicos que determinaban a súa incompatibilidade co PXOM en trámite, realizada mediante unha modificación urbanística mais que irregular, . Que estes feitos´permanezan alleos á investigación da fiscalía dun xeito inxustificado, invita á suspicacia. É a desconfianza da que se ten feito acredora esta administración cuia dirección política amosa tan profundo desleixo polas leis.
1 comentario
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados



O que fai falla é que se constituan xulgados especificos para delincuencia urbanistica, tal e como se fixeron para o maltrato de xenero, non é de recibo que dende que se fai unha redada como esta pasen mais de catro anos en sair os xuicios, sendo intolerable que ainda por enriba os imputados sigan todo ese tempo nos seus postos facendo mais do mesmo.
A xusticia ten que ser rapida e exemplarizante, do contrario non e xusticia, convertese nunha chirigota.
No caso de Pontedeume temos tanto ao aparellador municipal, como anterior alcalde e comision de goberno, imputados por delito urbanistico dende fai mais de ano e medio, e no caso do aparellador sigue no seu posto emitindo informes tecnicos contra lei e vulnerando o art. 320 do codigo penal sin que nadie lle pare os pes. ¿Como pode permitir esto un suposto estado democratico?.