¿Ten esperanza o rural galego ou está abocado ao despoboamento e á desaparición en vintecinco anos en toda Europa Occidental como pronostica Jonh Berger? Dende logo nós estamos certos de que tal cousa sería unha enorme catástrofe a moitos nivéis. Unha catástrofe ambiental, porque o abandono do campo supoñería probablemente a definitiva ocupación dese espacio por actividades económicas intensivas e especulativas que xa están pugnando por facelo coma o monocultivo de eucalipto, coa conseguinte perda na biodiversidade, degradación e desnaturalización do medio. Unha catástrofe para a saúde porque significaría a descartar posibilidade de xerar para consumo da nosa sociedade alimentos de calidade a través da producción ecolóxica e diversificada, e un avance para os agrotóxicos e transxénicos implicados inevitables da dieta globalizada. Unha inconmensurable perda de valores culturais dos que é depositaria a poboación rural, e da paisaxe que tamén forma parte da nosa identidade. En definitiva, un enorme empobrecemento social e ambiental do que paga pena tomar conciencia.

Marcelino Fernández Mallo fai análise da situación e aporta as claves dunha solución posible que ten que partir en gran medida da vontade política. Artigo en Vieiros.