O grupo municipal EU de Mugardos, vai solicitar no Concello a suspensión cautelar de emprego e soldo, ata que exista unha sentencia firme por parte de xustiza, para os traballadores do concello imputados por presuntos delictos de trafico de influenzas, negociacións prohibidas a funcionarios e prevaricación. Os concellais de esquerda consideran inadecuados que sigan dispoñendo de capacidade para influír e de información municipal os mesmos que presuntamente fixeron uso dela para beneficio privado. Esta medida sería o mais consecuente cunha operación contra a corrupción urbanística que o propio fiscal encargado do caso cualificou para os medios de comunicación de exemplar por contribuír a que estes actos empezasen a ser percibidos como ilegais pola cidadanía. A permanencia dos presuntos infractores no seu posto e desenvolvendo as mesmas funcións semella unha forma de menosprezo do dano que semellante proceder causa aos intereses colectivos.
Tamén fai pouco unha asociación que reúne a 200 xuristas (xuíces, fiscais, catedráticos, penalistas) apresentaba un manifesto no que se reclamaba á Administracción medidas contundentes para poñer freo á crecente corrupción vinculada ao urbanismo (novaen El Pais).Os xuristas apuntaban a necesidade de medidas tales como a disolución das corporacións locais involucradas en procesos xudiciais deste tipo. Asúmesmo pedían penas mais duras contra os infractores e eficacia no seguimento das sentencias que, nomeadamente no caso das demolicións chegan a ser efectivas en poucos casos.
Efectivamente, empeza a xerar escepticismo ver que actuacións xudiciais que tiveron gran impacto mediático rematan con febles consecuencias para os imputados. É frecuente atopar nos xornais noticias acerca do incumprimento de ordes de paralización ou sobre funcionarios e autoridades municipais que, imputados nalgún proceso seguen no seu posto continuando na súa liña infractora. Son maioritarios os casos de sancións administrativas que recaen sobre o concello como persoa xurídica , sen consecuencias económicas sobre os axentes directos das infraccións. Son case todas, as actuacións nas que se fai valer a política de feitos consumados e a administración, sancionado o feito, renuncia á restitución o dano causado ou, no mellor dos casos a fai recaer sobre o erario publico. E mais raramente ocorre que os promotores beneficiarios da corruptela reciban algún tipo de penalización, amparados en licenzas obtidas mediante o suborno, o tráfico de influenzas ou a calquera presión de índole canalla.



e se as consecuencias xudiciais de tales actos son tan leves, as políticas parecen alentalas, porque nas últimas eleccións unha parte considerable do persoal político imputado e acusado por delitos de corrupción, maiomermente urbanística, en torno a un 70%, foi reelexido. As lecturas do dato dan medo: parecería que unha parte considerable do electorado considera "normal", irrelevante, que os nosos políticos teñen as mans sucias. Non é de extrañar, por tanto, que considerando o escaso eco na opinión pública do escándalo -case parece que engrandece ao político local-o acusado se escude no argumento da persecución política para xustificar o comportamento supostamente delictivo polo que é acusado.
¿Y la presunción de inocencia donde queda?
A corrupción das administracciós é un problema gravísimo. Solo hai unha cousa peor: A benevolencia dos cicidadáns para con ela. A indiferencia e a tolerancia. Efectos desa corrupción son o desaforado crecemento urbanístico que desnaturaliza as cidades e as vilas e que invade espazos que non lle pertencen. Estos efectos están a vista: non son "presuntos". Cando intervén un fiscal como no caso de Mugardos, facía tempo que a situación clamaba ao ceo e escandalizaba aos cidadáns de ben. Ninguén fala de linchar a naide, pero que haxa cidadáns que no saiban ou non queiran calibrar a responsabilidade política dos cargo públicos implicados é mostra de falta de saúde social. Menudo pais que estamos a construir (en todos os sentidos)
Agardaremos para comprobar si esa estreada fiscalía segue o seu traballo e colle ruta pola estrada da costa ate Ortiguiera, pois penso que tamén aco ten material para algo máis que encher carpetas ,ou pola contra so quere protagonizar primeiros planos dos xornais para de seguido por disculpas porque houbo filtracións e claro, xa se sabe que hai "mucho pájaro de cuidado" e alarmados, botan a voar. Como escriu ,penso que G. Celaya. .."Nacemos con cuentos, vivimos con cuentos y al final nos entierran con cuentos.."
No seu manifesto a asociación de xuristas referida no post pide á administracción que exerza as súas competencias disciplinarias cuio abandono atribúe ao medo de que este tipo de actuacións teñan consecuencias electorais negativas. Erran as administraccións ao aplicar esta lóxica, porque non existe o tal rexeitamento social a que se fiscalice o urbanismo. Ao contrario, socialmente estase demandando clamorosamente que se lle poña orden ao caos, con garantías xurídicas para todos, pero con contundencia. Eu vexo, ao contrario de Perico unha sociedade sana pero con unha administracción enferma, incapaz de aplicar os mecanismos de autoregulación e control para resolver situacións que nunca deberan chegar aos xuzgados.
La cosa tiene miga. Ahora resulta que el Concello de Mugardos, con su alcalde pendiente de declarar como imputado el día 19 (además de otros dos concejales) quiere presentarse como acusación particular (?); y todo ésto despues de que el sr. Barcia afirmara en la prensa no saber a qué iba allí la fiscalía y de defender a los empleados. Bueno, ya se sabe que el BNG es incompatible con la C...oherencia.
X-Files: Barcia denies all knowledge
Home, pois hoxe (entrevista na Voz de Galicia) Barcia di que todo isto non é mais que espectáculo mediático, que Mugardos é exemplo de disciplina urbanística e que todo se esclarecerá de contado e se borrará toda sombra de dúbida sobre a xestión do urbanismo no seu concello. Esvaecéronse xa os motivos que veía para personarse como acusación particular? Tamén di que o fiscal non aprecia relación entre o alcalde e a trama, pero non explica por qué segue imputado. Non é que sexa incoherente é que é incongruente.
Yo, de los publirreportajes de la Voz, ya no me fío.
O Concello de Mugardos aprobou este luns, en pleno extraordinario, presentarse como parte na causa xudicial aberta pola suposta trama urbanística, para poder ter acceso á documentación investigada.
PPdeG, PSdeG e Independentes por Mugardos deron o seu apoio á iniciativa do BNG, namentres que Esquerda Unida (EU), que foi quen presentou as denuncias que derivaron na investigación, se opuxo. Ademais cualificou a decisión, por boca da edil Pilar Díaz, como unha "farsa política e económica". "A institución municipal non debe lavar os trapos sucios de ninguén", dixo.
Pola súa banda, o alcalde, Xosé Fernández Barcia, pediu prudencia e defendeu a inocencia do equipo de goberno. "Este alcalde que ten Mugardos hoxe, sempre demostrou unha traxectoria impecábel, de honestidade, honradez e de traballo, sempre; e se é que teño que asumir algunha responsabilidade política, asumireina, mais con dignidade", asegurou.
Pois se é inocente porque se persona como acusación particular? E que pretende pedir como acusacion particular que se retiren todos os cargos?
Encantanme os que se refiren asi en terceira persoa. Non vos recorda ao Campo.