FACERLLE NÓS PROPAGANDA A FENOSA? NON GRAZAS

“Bosques virtuais” Asi se chama unha campaña de Union Fenosa a favor da recuperación do bosque atlántico. Moi encomiable. As empresas contaminantes invirten en recuperación ambiental (mais lles valera contaminar menos). Aquí a través de La Coctelera, Fenosa pide que lle poñamos un banner ou un post nos blogs referenciandoa, a cambio investirá 5 euros por cada reseña. Intelixente. Publicidade encuberta e barata para unha imaxe verde, limpa, ecolóxica, e por riba, con respaldo e colaboración social espontánea.
Este tipo de estratexias provocan nembargantes un efecto perverso: O de producir escepticismo e confusión na sociedade. Así conclue un estudio da Unión de Consumidores de España sobre campañas publicitarias con mensaxes asociados a valores ecolóxicos. Segundo o estudio isto pode estar a provocar no consumidor a sensación de que a protección do medio ambiente non é mais que una estratexia comercial.
Nun post anterior falabamos xa da rendibilidade que algunhas empresas atopaban no “desenvolvemento sostible” incompatible cos seus intereses noutros sectores, caso de Endesa, por exemplo. De feito é tan rendible que xa forma parte inexcusable das campañas publicitarias de calquer producto, incluíndo ás electorais. En todas elas a mensaxe ecolóxica se transmite de forma aillada, accesoria e superficial. Se trata de contentar a un sector concreto da sociedade, antes minúsculo , agora mais considerable, pero sin implicar ao resto do programa político. Se trata de atallar a expansión de este “fenómeno social” (a conciencia ecolóxica) con mensaxes tranquilizadoras e anestesiantes. Estamos traballando polo medio ambiente. Durma ben vostede, pero mentras durma , non deixe de consumir arreo.


