O sistema de certificación forestal do FSC (Forest Stewardship Council) ou

certificación de xestión forestal sostible FSC está a demostrar novamente non ser mais que “un fraude para manter un negocio que se constrúe sobre millóns de hectáreas certificadas sen importar como estean xestionadas”.

Estas son as conclusións da veterana asociación pontevedresa APDR (Asociación Pola Defensa da Ria) na reclamación que lle ven de presentar formalmente ao FSC pola certificación outorgada á empresa NORFOR que xestiona para ENCE unhas 12.000 HA forestais. A súa auditoría semella ter omitido as malas prácticas ambientais de NORFORdenunciadas polos ecoloxistas Greenpeace, WWF/ADENA e pon de manifesto unha falta de rigor nas certificacións da FSC. APDR. Nun post anterior (ver) referenciamos denuncias semellantes por parte de outros grupos como ADEGA, Verdegaia e a Federación Ecoloxista Galega entre outros.

APDR lembra no seu escrito que a entidade certificadora FSC está sendo contestada en outros lugares de España e de outros moitos estados por diferentes colectivos ecoloxistas non soamente por certificar explotacións insustentables ecolóxicamente senón tamén por amparar explotacións nas que se violentan os dereitos humanos.

“Ao mercar un produto co selo FSC, nada garante que este non proceda de plantacións xestionadas do modo insostible -isto é o máis probable si ese produto procede dun monocultivo intensivista- ou o que é peor, este produto pode estar elaborado con madeira procedente de talas ilegais ou de explotacións madeireiras onde se cometen graves atentados contra os dereitos humanos. Ningún dos dous sistemas de certificación forestal existentes no estado, o sistema paneuropeo, PEFC, e o FSC poden garantir que os produtos procedan de montes ben xestionados e é frecuente que detrás destes selos se oculte unha xestión que provoca danos tanto a nivel ambiental, social e económico.”

De novo se revela a tendencia a ocultar os atropelos ecolóxicos das empresas mais agresivas co medio detrás de etiquetas (neste caso, certificacións ambientais) que as faiga socialmente mais presentables, prácticas que poderían calificarse de propaganda engañosa, alomenos.