José Posada González. O propietario de Marrón Glacé S L, empresa ourensana con mais de trinta anos de experiencia que co seu producto obtivo un gran éxito incluso en Francia, pais de orixe do tradicional doce, e que hoxe factura mais de un millón de euros e exporta a tódolos continentes, escribe en Vieiros sobre a súa experiencia, con cifras enriba do papel, sobre as esquecidas posibilidades económicas do castiñeiro. A José Posada non lle falta iniciativa e inxenio: Non so reconverteu o desprezado producto, destinado incluso para alimento do gando, nun dos doces mais exquisitos e caros do mundo, senón que levou as rúas moscovitas á tradicional figura do castiñeiro e vende con gran éxito, competindo coa comida rápida o producto recentemente elaborado e quente, como se consumía tradicionalmente antano nas rúas galegas de moitas vilas. A súa confianza na árbore autóctona e o seu froito contribuíu na súa comarca de orixe a potenciar as plantacións e a que chegara a converterse nun sector estratéxico para a exportación. O seu artigo revela asemade a particular sensibilidade que explica o por qué da sua aposta e probablemente tamén do seu éxito. “Não só som as castanhas, rentáveis e anuais, como também a madeira, os cogumelos que crescem em simbiose a seu piei, o refúgio e alimento da caça, a paisaxe, a sossegada-a sombra de sua larga haste, e o perfil formoso de sua robusta figura.”

Castañas rentavéis. Artigo de Jose Posada Gonzalez en Vieiros.