O PEOR QUE LLE PODERÍA ACONTECER AS PONTES

O traslado da factoría de Ence á localidade veciña non so pode estar xa decidido senón que incluso pode estar xa en marcha. A Asociación ecoloxista Erva denunciaba a semana pasada (Vieiros e A Nosa Terra) que o proxecto de lago artificial que se presenta como unha recuperación da mina de lignito de As Pontes esconde o propósito de crear unha infraestructura necesaria para a celulosa. Isto, segundo esta organización, explicaría o feito de precipitar o enchido de auga do futuro lago, pese a non estar concluído o proceso de selado dos fondos, e sen valorar as serias obxeccións que desaconsellan o proxecto. Esta mesma asociación e outros grupos como Fusquenlla, Verdegaia e a Sociedade Galega de Historia Natural denuncian (ver aquí) dende fai tempo a ausencia e un estudio de impacto ambiental do lago pese as fundadas sospeitas de que se produza un proceso de acidificación das augas que non soamente faga inviable o lago para os fins recreativos con que o promocionan senón que o acabe convertendo nun “área ambientalmente perniciosa”.
Erva considera que a celulosa, que perpetúa un modelo industrial e forestal nefasto para o pais, é ”o peor que lle podería acontecer a As Pontes”. Dende o incongruente ámbito político os mesmos que recoñecen os prexuízos económicos, ambientais e sociais que determinan imperativamente a necesidade do traslado da fábrica de Lourizán, por outra banda promoven a súa instalación noutro lugar. Mentres Medio Ambiente (PSOE) promete para o novo emprazamento garantías que non ofreceu en Pontevedra, o BNG predica a necesidade inescusable dunha papeleira no pais despois de facer bandeira do desmantelamento da actual. E, en Pontevedra,o representante do PP, Telmo Martín, non oculta que o interés urbanístico dos terreos ocupados actualmente pola celulosa motivan a diverxencia que adoptou respecto á postura tradicional do seu partido contraria ao traslado de Ence. O interés electoral fai fluctuar o discurso segundo se trate de comicios locais ou nacionais, segundo a localidade e segundo o demanden as circunstancias. O obscurantismo e a indefinición respecto a este tema da efectivamente lugar a suspicacias e,pola nosa parte, á convicción de que son intereses espurios os que motivarán unha decisión que conleva importantes trastornos en zonas de particular interés natural como o parque do Eume e sobre todo na calidade de vida e a saúde de moita xente.




santiago dijo
Hoy en día hay un instrumento eficaz en la Unión Europea para que el regulador (y la población) supervisen si una instalación industrial de nueva planta se hace con el máximo respeto al medio ambiente: la directiva IPPC. Para cada actividad industrial hay un documento exhaustivo, llamado BREF, que da las directrices para que el proyecto pueda ser considerado como BAT (Best Available Technology). En la Unión no se podrán aprobar proyectos que no respondan a estos criterios.
Los BREF está a disposición del público en internet. He aquí un buen ejercicio para las organizaciones eologistas, que pueden y, según la directiva IPPC, deberían también ser garantes de la buena aplicación de la directiva.
En vez de criticar todo lo que se hace, aprovechemos los instrumentos a nuestro alcance para lograr industrias lo más limpias posible. Ahora esto es posible. A su disposición para más detalles.
30 Enero 2008 | 05:03 PM