Ortigueira Sostible ten invitado aos técnicos do servizo de urbanismo da Consellería de Política Territorial dende fai seis meses, concretamente para que revisen a licenza concedida polo actual alcalde ao irmán do anterior rexedor para construír unha urbanización (Parquemar) en zona de protección dun castro, parcela non urbanizable segundo a lexislación vixente e sobre a que Patrimonio ten aberto xa un expediente sancionador. A Consellería , cumpridos os prazos en que deberían ter dado unha resposta, parece ter optado por amparar a controvertida licenza co silencio ao que se acolle á administración no exercicio da arbitrariedade ou do desleixo.
Supoñemos que aclarar este punto non forma parte das intencións do alcalde ao facer unha invitación á Conselleira Caride para que visite a nosa localidade que publica na web do Concello. Concretamente para que comprometa os prazos para a construcción da VAC, que no seu momento o goberno do que formaba parte Rafael Girón como concelleiro de obras, considerou unha infraestructura pouco urxente e incluso innecesaria. Nos tamén queremos facerlle unha invitación formal á Conselleira, non fai falta nin que veña ( agora mesmo supoñemos que terá que facer moito traballo electoral para o seu partido), para que demostre simplemente que o seu departamento non declina as funcións de control que ten atribuídas.



Moitos xa non recordan a posición do PP neste tema. Moitos esqueceron como se empregaban a fondo Campo, que acabou os seus días na política activa impulsando protestas veciñais en demanda desta infraestrutura, e os seus concelleiros para rebentar as accións reivindicativas en demanda dunha autovia. Esquecen como presionaban para que a xente non se manifestara. Agora mentras os colectivos da rede galiza non se vende convocan unha manifestación en Santiago, este Girón contraprogama unha manifestación no Vicedo. ¿Veremolo dentro duns anos reivindicando medidas en defensa do medio ambiente e do patrimonio cultural? Seguro que se depende o seu soldo ali o veremos. Asi son os principios eticos desta xentiña.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/01/28/397899.shtml
Si de evocaciones y recuerdos trata el tema y a nadie le falla la memoria, se le escapa, que mientras se otorgaban banderas azules, se inaguraban las rías, paseos, jardines, playas y malecones restaurados con puerto, etc... Por otro lado los proyectos en paralelo era la otra cara del asunto cuestionado en esta tertulia.
A eso vamos, al meollo del fondo planteado y a la escena que precede al acto y todos somos amigos y la politica no tiene nada que ver con las farolas, etc,...Total, hay molino rulando y farola más o menos, por alumbrar, alumbra poco.
¿e certo que no levan vendido ningun apartamento motivado a que poden paralizar a obra de Parquemar?
Parece que xa non hai dúbidas de que a promoción estase edificando en zona de proteción do castro do Campo da Torre. E que a normas subsidiarias de Ortigueira prohiben expresamente edificar na zona de protección arqueolóxica. Se non venden é, na miña opinión, pola crise do mercado inmobiliario e polo mal planteamento que fixeron da promoción. Moitas vivendas en tan pouco espazo. A orientación non pode ser peor. E a medida que vai avanzando a obra vemos que tratase dunhas vivendas sen encanto nen atractivo ningún. O descontento que mostraron clientes de anteriores promocións pode ter tamen o seu peso. A falta de experiencia no sector inmobiliario explica moito dos fracasos destos "empresarios" metidos a promotores inmobiliarios. E a día de hoxe ata seria unha loteria que lla paralizaran. Pois ao ter concedida unha licenza deberían asumir as responsabilidades os técnicos que informaron favorablemente e, no seu caso, a autoridade que lla concedeu.
Mira, lo primero, no me llevo comisión, pero hay que reconocer que el proyecto "Marina II´s" cuenta con vistas a La Ría de Ortigueira, en primera línea de a la pleamar, está ubicado en un yacimiento, tiene la comodidad de tener a mano hacienda, el C. médico, la comisaría,el instituto, un C. ocupacional, la piscina, el pto deportivo, el molino, la cetarea, el pto deportivo, unos jardines de ensueño, el escenario del Festival y la pista verde directa a la playa. Ideal para guiris y madrileños.
Solo falta ahora el relleno (para tapar las parcelas de la almeja y mitigar los eflubios del cieno y que se producen con la bajamar) y construir aquella piscina de la que se hablaba y más aparcamientos...
El plan es perfecto, solo falta esperar a que venga la remesa y lanzar las redes.
Es el plan perfecto.
Ya lo estoy viendo