La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

4 Febrero 2008

O VALEDOR DOPOBO RECOÑECE QUE AS LOUSEIRAS INCUMPREN O DEBER DE RESTAURAR O SOLO EXPLOTADO

O Valedor do Pobo advirte dos incumprimentos da normativa ambiental por parte da metade das canteiras galegas a ceo aberto e esixe da Xunta que demande plans de restauración dos espacios naturais afectados polas actividades extractivas nas explotacións que non conten con eles ou con estudios de impacto e efectos ambientais, e que se inicie o correspondente expediente sancionador contra o titular da explotación que se negue ao cumprimento das esixencias de planificación da restauración. A institución que dirixe Benigno López demanda, ademais, que se instrumenten as medidas de garantía económica «para asegurar a restauración de todo os espazos naturais afectados por explotacións mineiras», como establecen a Lei de Protección Ambiental de Galicia e o decreto que ordena as finanzas nese ámbito.

O escrito do Valedor do Pobo da resposta así a unha fundada preocupación social pola proliferación e impacto ambiental das explotacións mineiras a ceo aberto e sobretodo pola evidencia de que, ante os incumprimentos, apenas hai requerimentos da Xunta para que as empresas cumpran a normativa e as sancións administrativas son escasas.

Nova en La Voz de Galicia

servido por ortigueira 5 comentarios compártelo

5 comentarios · Escribe aquí tu comentario

santiago

santiago dijo

Esto demuestra una vez más que el problema, en Galicia, está en el regulador, que no cumple su misión: ¿si a mi me dejan hacer lo que me dé la gana, por qué voy a hacer las cosas bien, que me cuestan más? He visto canteras e industrias en otros países, y las cosas son muy distintas. El problema es que, si el regulador no funciona, la desconfianza del público frente a las empresas que pueden crear riqueza aumenta.

Y el regulador no está en Madrid, sino en la propia Galicia. Por lo que se ve, ni con los populares ni con los socialistas se toman estas cosas en serio. Veo mal el futuro si esto no cambia.

9 Febrero 2008 | 05:18 PM

Ornitólogo

Ornitólogo dijo

Con todos os respectos,Santiago,o que dis paréceme un pouco inxenuo. De verdade cres que si se aplicara a lexislación e ésta fose o restrictiva que debera ser, quedaría un so destes empresarios dispostos a xestionar o negocio da lousa? O único que ampara este sistema de desleixo e permisividade é o mito de que se está protexendo a creacción de riqueza. Pura falacia: Aos contribuíntes a tal riqueza está costándonos moitos cartos en forma de subvencións. Só nos falta ter que comprarlles a lousa ( e non tardaremos, que din que o sector anda en crise de vendas). Pero por riba habería que engadir o inmenso,case incalculabel coste dos desamaños ambientais que están a provocar. Non nos sae a conta tanta riqueza. Porque os seus beneficios sociais non hai mais que comprobalos in situ,nesta comarca beneficiada pola actividade louseira dende mais de vintetantos anos. Ves ti o benestar e o progreso por algures?

11 Febrero 2008 | 07:25 PM

simplicius II

simplicius II dijo

Con o que leva feito...

11 Febrero 2008 | 09:16 PM

santiago

santiago dijo

Insisto en lo dicho antes: la culpa no es del empresario que aprovecha una falta de control, sino del que, debiendo controlar, no lo hace. Tengo una cierta experiencia internacional, tanto en industria como en canteras, y sé lo que digo. Lo que pasa en Galicia no pasa en ningún otro pais civilizado que esté situado al norte de los Pirineos.

Lo que es aplicable a las canteras lo es también a las industrias.

12 Febrero 2008 | 06:58 PM

Perico

Perico dijo

Concordo cos dous: Eu cambiaba de políticos e mais de empresarios, si poidera. Aínda que ao mellor cambiando de política xa é dabondo para conquerir as duas cousas, porque con outra administracción que non lle dera coba este empresariado se iría ao paro. Ou se farían funcionarios.

12 Febrero 2008 | 09:32 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera