A asociación ecoloxista Verdegaia manifestou a través de un comunicado a súa oposición rotunda ao posible traslado da planta de celulosa ENCE-ELNOSA dende Pontevedra a As Pontes, por tratarse dunha industria “altamente contaminante, que ademais xa foi condenada por delicto ecolóxico”. Consideran ademais que este tipo de industrias “xa non teñen cabida en Galiza” dentro dunha política de desenvolvemento sostible. Dende a organización proteccionista entenden que a única vía que lle queda a ENCE é o seu peche definitivo.

Nova en Vieiros