MANI-FESTA-EMOCION

Fomos milleiros. Non sei cantos, pero a Praza da Quintana encheuse como facía anos non se vía. E iso, claro, emociona. Porque o fixemos sos. Os pequenos colectivos locais, sen a cobertura de grandes estruturas de partido (digan o que digan, aí o vedes: unha grande pancarta na cabeceira rexeitando aos tres grandes) nin das administracións, (como fixo o noso alcalde que pagou con cartos do concello o bus para a súa mobilización electoral). E cos medios de comunicación de costas: Non acudiron as roldas de prensa convocadas nin La Voz de Galicia, nin El Pais, nin El Faro de Vigo, nin El Correo Gallego...todos eles mais interesados en crear a opinión que lle convén a quen os financia que en informar
Foi un éxito da cidadanía auto-organizada, consciente, esixente e responsable do que acontece no seu país. Dos riscos das industrias perigosas, da necesidade de preservar os ríos e o litoral da depredazón e da especulación, da defensa da paisaxe e o patrimonio cultural como un ben público inalienable da nosa xeración e das que nos sigan. Estivemos alí esixindo un urbanismo humanizado e unha explotación dos recursos controlada, equilibrada e sostible. Esiximos o cumprimento das leis e unha administración ao servicio destes intereses e non das vontades de poucos empresarios...
Foron demasiadas cousas para pedir nun día só, pero non esquezamos que todos nos, por separado, as reivindicamos dende hai moito tempo. A maioría, dende que nos decatamos que o cambio de administración non ía a supoñer o cambio que esperabamos, e por tanto que dende o ámbito político pouco podíamos esperar. Agora agardamos unha resposta.

Nin Fadesas, nin cousas desas

Cambiándolle o nome ás ruas

Políticos comprando Galiza
El País (contando polo baixo)
La Voz de Galicia (prefire non dicir cantos miles)


