La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

19 Febrero 2008

O BIPARTITO NON ENTENDEU NADA

As rápidas reaccións dos membros do goberno autonómico puxeron de manifesto en primeiro lugar o maior éxito da manifestación do domingo: Ter feito visible a apabullante presenza dun movemento social que se manifesta rotundamente crítico coa política medioambiental do bipartito e que xa non lles é posible ignorar. O Presidente Touriño e o Conselleiro de Medio Ambiente Vázquez revelaron estupor e desconcerto ante tan contundente resposta cidadá. Touriño reputou aos manifestantes de “incapaces de entender” as actuacións do seu goberno e Vazquez , en lamentables declaracións, calificounos de oportunistas (inoportunos, é o que quere dicir seguramente) que “non estaban cando gobernaba o PP”. Quíntana, co seu mutismo, parece querer rexeitar a responsabilidade do seu partido neste goberno.

Supoño que a memoria non lles falla tanto como para ter esquecido Nunca Mais, mais lles costa asimilar que agora son eles a parte demandada. O lamentable é que a súa resposta, descualificadora e desprezativa, non está moi lonxe da arrogante displicencia que amosara entón o PP. Daquela, a cidadanía, aínda esperaba moito do relevo político. Hoxe unha gran parte dela non está disposta a renunciar ao cambio esperado. Despois da desfeita de tantos anos de fraguismo, que puxo ao pais nas mans dos especuladores, non queremos outros tantos de continuísmo, de tibias medidas apaciguadoras, de ineficacia e deleixo da administracción no control do cumprimento das leis e de plans sectoriais feitos sin criterio ambiental nin social. As reaccións do bipartito á manifestación de Galiza non se vende volven a defraudar. Touriño e o seu goberno segue “incapaz de entender” qué se agardaba deles.

servido por ortigueira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera