CONTRA A “AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA” A ENCE
APDR (Asociación Pola Defensa da Ría) inicia unha recollida pública de alegacións contra a concesión da Autorización Ambiental Integrada á fábrica de ENCE en Lourizán por entender que a presencia do complexo industrial ENCE-ELNOSA na Ría DE Pontevedra impide o seu desenvolvemento sustentábel; afectando negativamente ao medio ambiente, aos recursos naturais e á saúde e calidade de vida das persoas. APDR entende que a concesión da AAI a ENCE suporía a consolidación do complexo na súa actual ubicación, algo que é rexeitado na actualidade pola inmensa maioría da poboación da bisbarra pontevedresa.
Entre outras cousas de caracter urbanístico, na folla de alegación se argumenta que a empresa ENCE (que foi condenada en novembro de 2002 por delicto ecolóxico) continua incumprindo moita da lexislación medioambiental de aplicación; neste sentido, indicar que –desde o inicio da súa actividade- incumpre o artigo 4 do Decreto 2414/1961 (RAMINP) e que os seus vertidos superan os valores máximos permitidos para catro parámetros (DBO, DQO, sólidos en suspensión e fósforo total) no Real Decreto 509/1996 (que desenvolve o Real Decreto Lei 11/1995 que á súa vez incorpora ao ordenamento xurídico español o contido da Directiva 91/271/CEE) de obrigado cumprimento para ENCE tal e como se recolle na condición 5ª da súa autorización de vertido. e remíteas as seguintes direccións
Colabora na recollida de alegacións!. Quita copias do modelo tipo e mándaas a APDR antes do remate de febreiro! VER E BAIXAR e remíteas a unha das seguintes direccións:
apdr@apdr.info
Asociación pola defensa da ría. Apdo 414 36080 Pontevedra


