Con este título, a productora Namchefilms, especializada na realización de documentais de contido social e divulgativo realizou un video, dirixido por Mabel Rivera e Enrique Banet, que se presentou en Santiago o pasado 8 de febreiro en apoio a organización SOS Courel, que pon de manifesto a singular beleza destas terras, únicas pola súa biodiversidade, que están a ser presa do ataque depredador das louseiras. Nesto coinciden tanto o pobo, como a totalidade da comunidade científica. Curiosamente os únicos opositores son as empresas da lousa (algunha participada por Caixa Galicia) amparadas polo goberno da Xunta de Galicia.
Aquí temos un fragmento:
Namchefilms é tamén a productora do documental“O salario do silencio”, sobre a trama político-empresarial que construíu a planta de gas de REGANOSA dentro da ría de Ferrol, de xeito ilegal e poñendo en peligro a miles de persoas.



Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados