
Varios colectivos (Amarante, Verdegaia, Amigos de Terra e A Esmorga), convencidos de que a reactivación da vida no rural pasa por mudar os actuais modelos de producción e do potencial transformador da agroecoloxía como alternativa, organizan por segunda vez unhas xornadas que pretenden tanto achegar as novas propostas dentro do campo agroecolóxico, como difundir este modelo. A agroecoloxía implica non soamente novos xeitos de producción senón unha transformación do sistema de intercambio: Distanciarse do sistema imposto polas grandes superficies e as empresas distribuidoras e potenciar as pequenas redes de consumo ( tamén as redes de comercio xusto), rescatando os pequenos mercados locais nos que a proximidade co productor, supón a posibilidade de exercer o consumo responsable e de calidade, cara un modelo económico sustentable.
A organización propón 15 de mesas redondas, charlas, video-forums e outras actividades formativas, pero tamén lúdicas, co obxectivo de achegar no posible este modelo á sociedade.
ACHÉGATE!
PROGRAMA DAS II XORNADAS DE AGROECOLOXÍA
servido por ortigueira
sin comentarios
compártelo