A resposta do alcalde á pregunta da oposición acerca do expediente sancionador que a Dirección Xeral de Patrimonio lle ten incoado ao Concello de Ortigueira pola licenza concedida á promotora “Os Celtas”para construír 67 vivendas no contorno do castro Campo da Torre, sen a autorización preceptiva, foi cando menos extravagante. Girón persistiu unha vez mais en defender a devandita licenza contradicindo a Patrimonio. Segundo o alcalde non era necesario solicitar unha autorización a Patrimonio posto que xa existe un estudio arqueolóxico do xacemento do Campo da Torre presentado pola Fundación Ortegalia. Se entendemos con isto que o proxecto da Fundación incluía unha urbanización de 67 vivendas, isto suscitaría fundadas dúbidas sobre a natureza e obxectivos desta sociedade. Pero mais ben cabe entender que o alcalde, así como a secretaria e o técnico que informaron a licenza, entenden que se Patrimonio autorizou ese estudo cabe incluír calquera outro proxecto que se desexe no perímetro do castro e, polo visto tamén nos seus arredores. O cal fai dubidar seriamente da competencia e capacidade dos devanditos técnicos.