É o contrario do que parece. Non son vándalos nin adscritos ao botellón: son a súa antítese. Pero actúan tamén pola noite, en grupo e en cidades de todo o mundo (EEUU, Canadá, Gran Bretaña, Suiza, Alemania, Australia....). O seu obxectivos é transformar zonas da súa cidade esquecidas nos plans de mantemento urbano: esquinas, beirarrúas, descampados, lugares especialmente descoidados e tristes, nun pequeno recuncho verde: un micro-xardín ou unha pequena horta urbana. Son xardineiros voluntarios que practican o activismo social, cidadáns que non renuncian a participar na creación do entorno no que viven. A súa orixe está nun movemento xurdido en Nova York nos 70’s, as Green Guerrillas orixinais, das que naceu o primeiro grupo organizado de voluntarios.

Na súa páxina web publican as súas realizacións, atópanse ideas para aforrar auga ou consellos de xardinería e estratexias para difundir a súa filosofía e atraer novos voluntarios.