Eles tamén son voluntarios. Traballan os domingos pola mañán organizados en grupos, encintando as paredes de pedra dun muíño ou rozando para controlar a maleza que invade un vello lugar abandonado. A Asociación de veciños da parroquia de Esmelle, no concello de Ferrol, iniciou o Proxecto Esmelle a finais do ano 2003. O seu fin é a revalorización do Val de Esmelle baseándose na recuperación do seu patrimonio histórico e etnográfico e no aproveitamento sostible dos seus recursos. Entre as súas realización están a recuperación de antigos muíños, lavadoiros públicos, fontes, hórreos, casas rústicas, un castro celta y outros vestixios do pasado en risco de desaparición.

O mais admirable desta comunidade de veciños solidaria e comprometida co entorno e coa conservación dos seus bens, é a súa capacidade de obrar por si mesma e acadar obxectivos sen esperar asistencia e tutela da administración. Isto só é posible dende unha pouco frecuente conciencia colectiva.

O Proxecto Esmelle ven de ser seleccionado para o certame de boas pácticas da ONU , na categoría de Desenvolvemento urbano e territorial sostibel, que se celebra en Dubai (Emiratos Árabes Unidos). Unha distinción ben merecida. Parabéns da nosa parte.