MEDIO AMBIENTE: LEIS, PLANS E OUTRAS MENTIRAS
Se o mundo do dereito é esvaradío, o reino das leis medioambientais o é aínda mais. Inoperantes e subsidiarias na maioría dos casos, no caso dos plans , acaban esquecidos no papel porque case nunca se acompañan das partidas presupostarias que permiten a súa aplicación. Pero iso non é óbice para que cada ano se emprenda por parte da administración do ramo unha producción masiva de plans de finalidade ambiental ou sustentable. Achégannos esta bitácora persoal que expón a natureza “escurridiza” destas leis, un labirinto que oculta o propósito de que nada cambie.


