O actual goberno da Xunta ven de presentar a Orde que determina o obxectivo de potencia eólica para o período 2008-2012 que supoñerá na producción eólica de Galiza o paso dos actuais 4.175 MW ( en funcionamento, en construcción, autorizados ou admitidos a trámite) a 6.500 MW no ano 2012. A Xunta xustifica a sustentabilidade do novo plan no avance cara a reducción da dependencia enerxética do exterior e no cumprimento dos compromisos de Kioto. A isto se lle pode obxectar que Galicia, non só non é dependente,senón que xa exporta mais da metade da enerxía eléctrica que xenera, e a súa producción de enerxía renovable acada os obxectivos impostos pola UE para 2010. Iso sen entrar nas dúbidas que esperta a moi dubidosa renovabilidade dos eólicos: As suas Taxas de Retorno Enerxético (TRE) se establecen en 50 anos; os que se tardaría en compensar o costo da súa producción en termos de enerxía. A Xunta por suposto non acompaña o plan dunha previsión sobre a enerxía fósil que se vai substituír por eólica, porque semellante cousa non está entre os seus obxectivos. Tampouco informa de cantos novos aeroxeneradores vai supoñer a potencia concedida (calculamos un mínimo de 3000, a 2´3 Mw de potencia instalada por aparato) e de cantos miles de hectáreas se van a ocupar dos nosos montes (aproximadamente 2000 millóns de metros cadrados ,o despropósito dun 4% da superficie forestal galega) . A Xunta anuncia que o plan vai a supoñer a creación de 3000 postos de traballo na comunidade, que supoñemos incluirán os empregos temporais xerados no proceso de construcción dos parques. Pero mais alá deste cálculo non se implementa ningún tipo de medidan para reverter beneficios sobre os municipios e veciños que teñen que soportar estas instalacións, nin para os propietarios dos montes, ocupados seguramente vía expropiación ( as veces por 10 veces menos do seu valor, segundo ten denunciado Unións Agrarias). Pola contra a súa presencia vai supoñer a alteración da calidade de vida nestes lugares e a destrucción irreversible e a unha escala monstruosa do seu patrimonio paisaxístico, para o que non existe compensación posible.

Na imaxe, zonas de desenvolvemento eólico no Concello de Ortigueira