Os veciños de Couzadoiro queren volver a xestionar os montes da súa parroquia que dende antigo se usaban en común e que agora xestiona o Concello. Como outras moitas comunidades de Galiza, a de Couzadoiro perdeu o uso comunitario deses montes na dictadura de Franco, na que pasaron a ser de titularidade do Estado e posteriormente do Concello.

A iniciativa “Polos montes comunais de Couzadoiro” parte de un grupo de veciños que denuncia o incumprimento por parte do Concello de investir o beneficios xerados polo monte na parroquia, que a lei estipula nunha porcentaxe do 95%. Este beneficios proveñen do rendemento forestal e agora tamén dos canons abonados polas empresas que explotan os parques eólicos, unha cantidade moi considerable para Couzadoiro se temos en conta que nestes montes hai instalados 40 aeroxeneradores. Obrigadas inversións cuia ausencia forma parte do sistemático espolio das parroquias.

Nos anos sesenta comezou un proceso de devolución da propiedade dos montes ás comunidades de veciños que se consolidou coa lei de 1989 do Parlamento de Galicia, que instituíu o actual réxime legal para este tipo de propiedade en man común. Si ben é certo que non foi así en todas partes, nalgúns lugares a devolución destas superficies ás comunidades de veciños deu lugar a unha mobilización económica e a un desenvolvemento baseado non soamente na produtividade senón en parámetros sociais e medio ambientais. Algunhas comunidades de montes, por exemplo, foron as primeiras en reclamar unha política de montes insertada dentro dunha ordenación do territorio que permitise aproveitamentos de xeito sustentable. Tamén son comunidades de montes as que hoxe levan a iniciativa en experiencias con cultivos experimentais e na replantación de especies autóctonas para unha explotación forestal diversificada. (Vincio) Existen incluso algunhas comunidades involucradas na preservación da paisaxe, a defensa da biodiversidade e do patrimonio arqueolóxico (mámoas, castros e petroglifos), como a de Val Miñor, e etnográfico (cruceiros, muíños e camiños), tan abundante polo territorio galego. (Artigo en Cultura Galega )

O proceso e recuperación dos montes veciñais, esta institución tan especificamente galega, é sempre positivo para unha comunidade porque alí onde funcionen con criterio social, teñen a capacidade de ser unha importante canle de participación cidadá ademais de un dinamizador económico, con potencialidade para crear emprego rural e fixar poboación.