- SOGAMA aposta nomeadamente pola incineración dos residuos urbanos ( 86%) para producir electricidade, incluíndo os residuos orgánicos, que noutras plantas galegas se adican á compostaxe.

A incineración está considerada hoxe en día un xeito de tratamento completamente insustentable que "non destrúe o lixo senón que o transforma en fumes e cinzas tóxicas con metais pesados, contaminantes orgánicos, dioxinas, e centos de compostos químicos que resultan da combustión, sempre incompleta" (ADEGA). Esta actividade de SOGAMA a ten convertido nunha das dúas empresas mais contaminante de Galicia segundo Greenpeace.

- A electricidade xenerada non abonda para compensar o custo do transporte do lixo dende toda a comunidade. O sistema centralizado de tratamento dos RU é por iso insustentable e xenera ademais grandes molestias para os cidadáns que teñen que soportar o tráfico incesante dos camións de lixo.

- SOGAMA non ten capacidade para tratar o lixo que se xenera en Galiza: Centos de toneladas, case a metade do recollido se acumulan sen tratar nun vertedoiro en Cerceda xenerando gran cantidade de substancias tóxicas altamente perigosas para a saúde humana que están a sufrir nese municipio.

- O problema, lonxe de atopar solución, vai camiño de agravarse porque o ritmo de producción de basura na nosa comunidade aumenta un 5% anualmente sen que se adopten medidas serias para frenar este crecemento.

- Tampouco se fai unha aposta decidida pola valorización e a reciclaxe, pese á boa resposta que se obtén por parte da cidadanía na separación dos residuos. A proliferación de contenedores e as campañas para fomentar esta práctica resultan un fraude se despois SOGAMA non recicla mais que un 14% do lixo.

- A xestión de SOGAMA, empresa na que participa FENOSA coa Xunta, demostrou nembargantes a sua rentabilidade. Cuns beneficios de explotación superiores aos 5 millóns de euros, dificilmente a empresa eléctrica desexará que se impulse un cambio de modelo. A Xunta, pola súa parte, actúa de xeito subsidiario ( mais en Vieiros e en El País)