Consuma orgánico, consuma local, consuma estacional, consuma sostible, consuma reciclado. Son consellos razoables que animan ao consumidor a cobrar conciencia e facerse responsables dos retos ambientais. E ten éxito: Tanto, que o novo consumidor concienciado co quecemento global e a perda da biodiversidade xa constitúe un novo nicho de mercado potente e saudable, que xera moitos novos productos e beneficios, pero que progresa en paralelo ao outro, o mercado non ético, sen facelo decrecer nin un chisco. Os novos consumidores fan as compras en mercados locais e as levan a casa en bolsas de algodón reutilizables de atractivo deseño, na súa segunda residencia de campo cultivan unha pequena horta agroecolóxica e teñen instaladas células fotovoltaicas no loft. As revistas mais cool teñen seccións fixas dedicadas aos novos aparatos eficientes enerxéticamente e á decoración de casas de campo é obxecto constante de novas publicacións, porque o novo consumista “verde” ten un considerable poder adquisitivo. A economía de consumo gaña así unha nova batalla, a conciencia ecolóxica en cernes, conquistada para un mercado de elite que esqueceu por completo a demanda básica do ambientalismo: consumir menos.

Salvar a biosfera consumindo verde?: No excelente artigo que da título e contido a este post, George Monbiot pon de manifesto como o fomento deste novo mito pode ter consecuencias indesexables: Despolitización, desmobilización, neutralización da acción colectiva e banalización dun problema que esixe retos políticos e non se pode resolver facendo compras.

George Monbiot: “ Eco-Junk: Green consumerism will not save the biosphere”. The Guardian 24 de julio de 2007. Traducido aquí