EN PONTEVEDRA NON, PERO EN GALICIA SI?
Mais de 3000 persoas saíron á rúa o venres para manifestarse contra ENCE. O presidente da Xunta asume xa a necesidade inescusable de eliminar a celulosa de Pontevedra. Os prexuízos ambientais que o complexo provoca na ría e aos cidadáns non poden eludirse, nin tampouco a oposición dunha cidadanía farta de aturar cheiros e un entorno degradado. A Xunta recoñece que, sen dúbida, a única solución posible é eliminar o complexo da ría, pero ao tempo e de xeito contradictorio, manifesta traballar para atoparlle unha nova ubicación na comunidade (Touriño declara: En Pontevedra non, en Galicia si). Isto significa que outra localidade soportará irremediablemente os serios inconvenientes das instalacións pasteiras e que a intención non é outra reproducir a situación noutro sitio, agardando que a resposta social sexa politicamente mais asumible. Ben é certo que o presidente promete que a nova factoría que se promoverá fora de Pontevedra non será como a actual, senón que reunirá as condicións tecnolóxicas para minimizar a contaminación. Paradóxicamente, de existir unha celulosa que non constituíse unha actividade molesta, insalubre e contaminante, non se faría necesario o seu traslado pero o goberno tería agora a obriga que explicar aos cidadáns de Pontevedra por qué motivo non se lle esixiu á empresa adoptase as medidas necesarias para converterse na inocua factoría que agora nos aseguran que vai ser. Tanta indeterminación é inxustificable por mais que fose certo que se actúa en defensa dun sector economicamente estratéxico para Galicia. Pero sobre isto tamén mantemos un desacordo profundo que compartimos con APDR, con todos os grupos ecoloxistas de Galicia, coas cofrarías de mariscadores e con un amplio sector da cidadanía, que consideran que unha actividade é estratéxica cando xera ao seu redor outras actividades limpas e sustentables relacionadas con ela, non cando crea as condicións para a recesión das que existen e a imposibilidade de que se desenvolvan moitas mais.



santiago dijo
Se pueden hacer "celulosas" respetuosas con el medio ambiente. Si la "celulosa" de la que habla Touriño es de este tipo, bienvenida sea. Potenciará la riqueza que se puede obtener del aprovechamiento racional de los montes. Decir que no a todo no me parece una postura constructiva.
30 Abril 2008 | 12:44 PM