Dende que empezou este blog a súa andadura está presente entre os seus enlaces o blog de Juan Freire “Nómadas”, que define o seu autor como “reflexiones sobre a sociedade e o coñecemento aberto”, e dende o que se pode enlazar, a súa vez, con outro blog que versa sobre urbanismo, “Ciudades enredadas” e con “Piel Digital” do mesmo autor. Juan Feire, doutor en Bioloxía e profesor na Universidade de A Coruña, está recoñecido no estado e fora del como experto en innovación e tecnoloxía na web 2.0. que defende a ultranza como vía de construcción social participativa a través da información libre. As suas fecundas ( increiblemente fecundas) páxinas, que sempre merece a pena visitar, son o mellor exemplo da calidade que se pode atopar na web libre. Adoito botarlle un ollo a miúdo tanto a “Nómadas” como a “Cidades enredadas” , calquera dos seus post son recomendables, e dende esta páxina se enlaza directa e permanentemente cun traballo de referencia, “Galicia: Un futuro ambiental alternativo (y realmente sostenible)”. Pero hoxe, no mes en que se cumpre o 40 aniversario da parisina revolución do 68 pareceume ben citarlle o post “40 años de desconfianza e consevadurismo: 1968, París e California, 2008, Galicia”. Revelador da verdadeira natureza daquel movemento frivolizado pola dereita e usurpado pola esquerda doctrinaria, que perdeu a sua pegada na brétema do mito e non acadou nunca o obxectivo de romper coa inercia dun modelo político pechado a cal e canto ás contribucións dunha cidadanía considerada en permanente minoría de idade.