La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

9 Mayo 2008

A ESTAFA MAIS GRANDE DA HISTORIA DE GALICIA

Así cualificou o Fiscal ás presuntas desviacións de fondos que provocaron nas obras da Cidade da Cultura o inexplicable desaxuste de case un 300% sobre o presupostado: “Si se trató de una estafa, sería la estafa más grande de la que tengamos noticia en la historia de la autonomía de Galicia" ( Público 7-11-2007). Co gordo destes desfases aínda sen investigar, sabemos xa que a maioría dos contratos derivados deste proxecto beneficiaron a persoas do goberno de Fraga e do seu entorno: A empresa Inasus, do grupo empresarial propiedade da familia do defunto ex conselleiro de Política Territorial Xosé Cuiña e recentemente nomeado fillo adoptivo de Ortigueira polo insistente desexo ex alcalde Campo, destaca entre as sociedades que se beneficiaron de mais subcontratas nas obras de construcción dos edificios da Cidade da Cultura (El País 28-10-2007). Pola sua parte, o seu incondicional Antonio Campo e a súa familia, recibiron un proveito mais que considerable neste macro negocio constructivo en forma do coñecido contrato de subministro de cuarcita para recubrir a cuberta do edificio. Pouco despois da intempestiva dimisión do ex alcalde saía a luz que a canteira da que se extraía esta cuarcita funcionaba de xeito irregular, sen licencia de funcionamento, que invadía ilegalmente terreos incluídos na Rede Natura afectando habitats protexidos e que o contrato había sido pactado un ano antes de presentarse a empresa a concurso (diario El País). Agora sabemos asemade que o contrato se firmou tendo a administración coñecemento de que a canteira podía non ter suficentes reservas para garantizar o subministro de material, segundo advertía un informe técnico (El País 21-4-2008) encargado pola fundación contratante. O informe se revelou acertado cando a empresa interrompeu as entregas de material por esgotamento da canteira, deixando á Xunta coa cuberta do Gaiás a medio facer e ante a dificultade de atopar un material semellante no mundo. O tráfico de influenzas e o incumprimento de contrato por parte da empresa Cuarcita de Muras SA constitúe unha sombra mais no turbio panorama financieiro que deixou o goberno anterior detrais da Cidade da Cultura e que o actual goberno parece ter pouca enerxía para aclarar. Para Ortigueira é a revelación de cal foi a verdadeira traxectoria política do anterior alcalde, obsesionado aínda por obter coa declaración de fillo adoptivo, o pueril recoñecemento popular que o desagravie de tanto escándalo.

servido por ortigueira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera