A UE DECLARA INCUMPRIMENTO EN GALICIA DAS NORMATIVAS QUE REGULAN A EXPLOTACIÓN DE CANTEIRAS A CEO ABERTO
Motivado polas denuncias da asociación SOS Courel a Comisión das Comunidades Europeas ven de publicar un informe que alerta da existencia de catro canteiras no lugar de interese comunitario (LIC) Ancares –Courel que están a incumplir varios artigos da protección de medio ambiente de obrigado cumprimento para os estados membros da UE. Segundo o informe as autorizacións de ditas canteiras ou ben non recollen medidas correctoras para salvagardar o interese ecolóxico, ou ben non se fai un seguimento delas. O informe constata a contaminación producida polo entullo que invade a canle do río Redomás , afluente do Lor e as significativas incidencias desta contaminación na rede fluvial e hidrolóxica. A CCE denuncia que en España estanse a incumprir as normativas que regulan as explotacións de canteiras a ceo aberto, extremadamente agresivas co medio ambiente, e a falta de solucións para compensar os seus negativos efectos sobre o medio.





Santiago dijo
Con estas actuaciones (o mejor, falta de actuaciones) de las autoridades encargadas de regular las instalaciones mineras e industriales, lo único que hacen es aumentar la desconfianza de la población a cualquier nueva instalación. Actuando así, la Xunta actúa de manera irresponsable. ¿No se darán cuenta?
14 Mayo 2008 | 08:10 PM