PATRIMONIO SANCIONA AO CONCELLO DE ORTIGUEIRA
A Dirección Xeral de Patrimonio impuxo unha sanción de 24.000 euros e a obriga de restituír a legalidade urbanística ao Concello de Ortigueira pola concesión dunha licencia a Os Celtas Promocións de Vivendas SL, propiedade de irmáns do ex alcalde, para construír 67 vivendas no contorno do xacemento arqueolóxico catalogado como castro Campo da Torre, desestimando todas alegacións presentadas polo Concello.
O informe que acompaña á instrucción do expediente sancionador declara que as obras de desmonte, cimentación e a construción de muros pantalla para a estrutura do edificio de vivendas Parquemar levadas a cabo en terreos situados no contorno de respecto do xacemento, afectan severamente a este, “tendo un efecto negativo, inmediato, irreversible e irrecuperable”.
Ante estas conclusións, Ortigueira Sostible considera necesario depurar responsabilidades para que a restitución de tan graves danos ao Patrimonio de todos recaia sobre os responsables directos da infracción e non redunde en prexuízo dos contribuíntes.
Lembramos tamén que os feitos sancionados por Patrimonio foron asúmesmo postos en coñecemento da Dirección Xeral de Urbanismo para que se determinase si se está a incorrer tamén nun incumprimento das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Ortigueira ao permitir edificar na zona de protección dun ben inventariado que establece o artigo 291 de ditas normas. De acreditarse este incumprimento o Concello habería incorrido noutra falta moi grave.



Maximilien dijo
¡Artículo en La Berza ya! ¡Y que se enteren los Berzotas!
16 Mayo 2008 | 09:26 PM