PRESIONADO POR LA UE MEDIO AMBIENTE PROMETE PECHAR AS LOUSEIRAS DE O COUREL EN 10 ANOS.
A través da UE, a asociación ecoloxista SOS Courel conseguiu por fin que foran atendidas as súas reivindicacións: O conselleiro de Medio Ambiente admite finalmente “que pueden existir políticas económicas y medioambientales alternativas en espacios naturales” (El País sábado 24 maio) . O compromiso do conselleiro é pechar as canteiras de O Courel en 10 anos, non permitir nin un desevolvemento louseiro mais e recuperar 3.000 hectáreas degradadas.
É a resposta da consellería ante o informe da UE onde se denuncia o incumprimento de varios artigos de protección do medio ambiente por parte de catro concesións louseiras en O Courel. A UE apremia ao Goberno para que se pronuncie sobre a legalidade destas canteiras, de non facelo perdería as axudas europeas para O Courel e sería denunciado ante o Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas.
O Goberno da Xunta admite agora, poucos meses despois de legalizar a canteira da Campa (unha das referidas no informe da UE), que asumir a degradación absoluta que producen este tipos de explotacións pregándose aos intereses dos empresarios da lousa non é a única saída económica para esa comarca e que a vontade política é quén de “habilitar carriles socioeconómicos alternativos”.
O retruque forzado de Medio Ambiente é un éxito que lle corresponde a SOS Courel e aos seus esforzos por activar os inoperantes mecanismos legais de protección medioambiental da Xunta despois de décadas de incumprimentos e permisividade. Pero aínda quedan moitas canteiras no país que estan a incumprir as normativas ambientais. Ata cando haberá que seguir recurrindo á CEE para poñer a andar ás institución encargadas de velar por elas?




ortigueira dijo
En dez anos? XA! http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Piden/cierre/inmediato/piz...
25 Mayo 2008 | 01:35 PM