La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

4 Junio 2008

PECHE DO CCE NO CONCELLO DE FERROL

COMUNICADO DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL

Hoxe 3 de Xuño, ás 11 horas, varios membros do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, iniciaron un peche no Palacio Municipal de Ferrol.
Esta acción ten por obxecto o demandar da Corporación un pronunciamiento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior de Ría., así como o seu rexeitamento ás novas ameazas que se perfilan para a súa sostenibilidade e para a vida dos seus habitantes, detalladas nun escrito entregado á Alcaldía.
O CCE invita a cantas persoas e colectivos consideren oportuno apoiar esta iniciativa a manifestalo mediante visitas aos pechados no Concello, como xa o están a facer moitas persoas nestas primeiras horas de peche, ou comunicados públicos, mensaxes de correo electrónico ou calquera outro medio.
Oportunamente notificarase cantas novidades xurdan respecto desta situación, e unha vez máis recordar a convocatoria para a

MANIFESTACIÓN

Domingo, 8 de Xuño, ás 12 horas

Peirao de Curuxeiras – Ferrol

¡!PLANTA DE GAS FORA DA RÍA¡!

servido por ortigueira 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Maximilien

Maximilien dijo

¡Todos a Ferrol, el domingo!
Este tema trasciende la ideología política. Es para todos los que todavía creen en la honradez, en la integridad y en la democracia (la democracia, no el parlamentarismo a secas). Es para todos aquellos que quieren a su tierra, a la tierra en general; y que quieren dejar a sus hijos un legado paisajístico, un legado histórico y un legado moral.
Oponerse a Reganosa es defender la legalidad, la transparencia y el derecho a una vida de calidad. Porque el trabajo y la riqueza son un derecho. Reclamamos ese derecho, frente a las migajas que pretenden regalarnos el Estado y el Capital a cambio de nuestra dignidad y nuestra tierra.
¡Viva el Comité! ¡Vivan los ciudadanos de Ferrol!

P.D.: hoy le he dado para el pelo a una petarda de UGT que se atrevió a pisar mi centro de trabajo. ¡Qué a gusto me he quedado, rediós!

4 Junio 2008 | 11:45 PM

Perico

Perico dijo

Eu tamén dou os meus parabéns á cidadanía de Ferrol, en especial aos membros do CCE e os outros colectivos compromentidos na defensa da seguridade, a legalidade e a conservación da calidade de vida e a natureza. A súa constancia e firmeza son admirables. Un exemplo. Gústame pensar que o mundo tamén é así. Lles transmito dende aquí a miña solidaridade aos pechados. Ata o domingo, Ferrol!

5 Junio 2008 | 09:28 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera