La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

14 Junio 2008

VERDEGAIA DENUNCIA AS OBRAS DO PASEO FLUVIAL DO RIO SOR

A obsesión dos municipios por atraer visitantes de calquera tipo estase a converter nunha ameaza certa para os espazos con valor ambiental. As corporacións municipais entenden que a única vantaxe de posuír no seu concello un lugar de interese natural é a posibilidade de explotalo cara a promoción turística, pero ademais conciben esta dun xeito masificado que acaba resultado devastador para estes espazos. O río Sor sempre foi apreciado como ruta para os sendeiristas e dende fai moito tempo conta con refuxios que acollen tanto aos excursionistas como aos pescadores. Pero isto non parece ser suficiente para o Concello, que decidiu que o fomento desta ruta incluía a apertura de amplas pistas a pé do río pavimentadas con grava, convertendo o sendeiro en estrada pola que, de querer, poderían circular vehículos de motor, e que ten ocasionado as serias alteracións sobre os ecosistemas fluviais que denuncia a asociación ecoloxista Verdegaia. E así, a promoción dunha actividade destinada ao goce da natureza convírtese no xeito de agredila, e o obxecto de promoción, en lugar de valorizarse, se degrada. Paragóxicamente, aínda que no é o que mais nos importa a nós, devaluar a integridade deste espazo natural significa perder o único atractivo que pode ter para o visitante e compromete a continuidade do turismo que tentan promover.

Nota da denuncia na páxina de Verdegaia

servido por ortigueira 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Antón

Antón dijo

O rio Sor, que con toda seguridade é o único rio do país libre de verquidos, e do que se pode dicir que agás algúnhas pequenas porcalladas totalmente subsanabeis, aínda é virxe.... ¡¡¡¡¡NON SE MERECE ESTAS TRAPALLADAS !!!!..... E o pior ben a ser, que non é a primeira (lembrade a pista de Ulló ),claro que antes en MEDIO AMBIENTE mandaba quen mandaba. E agora ....quen manda? !!!!!!!!MANDA CARALLO¡¡¡¡¡¡¡

3 Julio 2008 | 06:26 PM

simplicius

simplicius dijo

De manera que si abren pistas, posiblemente puedan acceder vehiculos de esos ruidosos tipo tractor y motos y se convierta en un circuito natural y virgen, pero lo peor de la apertura de esos espacios es lo ya apuntado y la degradación que sufren, porque normalmente y por desfracia, la gente no está debidamente concienciada y sigue arrojando las basuras alegremente por doquier y eso y como siempre, es más bien inevitable y muy triste.

7 Julio 2008 | 07:08 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera