Dez achegas de Isabel Bolarin para unha Ortigueira sostible, ou de como obrar grandes transformacións en positivo, con iniciativas sinxelas, factibles e non gravosas, condicións necesarias de toda boa idea.

IDEAS DUN AGOSTO 2008

Desde o pleno convencemento de que quen aprecia a nosa Terra, é quen a coñece, gustaríame coa ilusión e ollos novos dunha filla adoptiva da vila de Ortigueira, facer unhas propostas, que se a sorte acompaña, virannos ben para o bo desenvolvemento da Vila.


1) Creación dunha Bienal Internacional de Arte, en Ortigueira
Cada dous anos faise unha convocatoria internacional aberta de artistas, e coincidindo co Festival Celta se fai unha exposición. As bases, sinxelas, publícanse (Internet, prensa, radio...) e os participantes custean o desenvolvemento, execución e traslado da obra ata o lugar de exposición e recollida (se o quere o artista) tras os 2 anos de exposición. A vila de Ortigueira facilita o aloxamento e comida, aos participantes durante os 15-30 días previos á execución e exposición.
VANTAXES: Con iso, entre outros factores, desenvolvemos o gran potencial cultural da vila e o seu forte atractivo paisaxístico ambiental. Complementamos o xa existente arte na Rua e facilitamos a creación de múltiples sinerxías entre: as xa existentes iniciativas de aloxamentos rurais e tradicionais, así como o sector de restauración, cafetería e servizos. Permitindo un desenvolvemento sostible e de gran calidade.

2) Creación dunha aldea de fala en inglés
Prográmanse, durante todo o ano, talleres ou cursos de curta e diversa duración: fin de semana, semana, dúas semanas, e 1 mes; onde só se fala en inglés.
Estes cursos ou talleres son dirixidos a calquera persoa interesada, aínda que a experiencia demostra que os clientes principais son empresas e profesionais que precisan mellorar o seu nivel de inglés como ferramenta de traballo. Neste aspecto a Vila pode ofrecer un marco único e idónea adecuación para o obxectivo
VANTAXES: as mesmas que vimos no punto 1, co extra de ser un cliente de alto poder adquisitivo e capacidade de pago garantida (adoitan ser as Empresas quen solicitan e contratan este servizos)

3) Promoción da Agricultura Ecolóxica - Orgánica
Da xa existente na Vila, así como da nova que se desenvolva. Hai que facilitar canles de encontro para satisfacer a demanda actual e futura (mercados, feiras, cafeterías - restaurantes, biblioteca, colexios, charlas). Recordemos que toda oferta crea a súa demanda, e nos momentos actuais os produtos ecolóxicos son un ben que cotiza á alza con puxante forza e crecente demanda.
VANTAXES: Mellora da saúde global de todos os habitantes da Vila residentes habituais ou temporais. Mellora do medio ambiente da Vila: Terra, ríos, costas. Creación de novas oportunidades de traballo directo e indirecto. Prestixio da Vila e referente de harmonía, con alto valor engadido.

4) Creación de Tenda Ecolóxica - Orgánica, ou Agrotenda
Onde se atoparán os diversos produtos desenvolvidos na Vila e a súa ampla contorna, sen limitarse a eles, con marcado carácter comercial pero ético, co obxectivo de ser receptivo a demandas-suxestións dos clientes, factor que fideliza e incrementa a demanda.
VANTAXES: Seria a sinerxía do punto 3 (e dos dous primeiros) e estaría en intima relación o seu desenvolvemento e xestión.

5) Formación e cursos sobre hostalería e restauración
Breves cursos orientados aos factores básicos da restauración e atención ao cliente.
VANTAXES E OBXECTIVOS: Conseguir mellorar o servizo e dedicación dos profesionais da restauración da Vila. Atraer e fidelizar aos clientes Conseguir que a Vila, sexa un expoñente de Cociña Galega de calidade, cun bo tratamento do produto onde falar de gastronomía sexa recibir un ben e servizo de calidade asegurada. ”Galicia Calidade”. Mellorar o nivel estándar de servizo e atención aos clientes.

6) Creación dun Banco de Intercambio de Bens e Servizos
As persoas que o desexen participasen neste sistema de intercambio, é dicir ofrécese un determinado ben ou servizo, a cambio recíbese, doutros membros, outro que interesa. Sendo a moeda de pago a unidade de tempo.
VANTAXES: Integración de todos os colectivos do lugar sen limitación do poder adquisitivo, con revalorización de, coñecementos, artes, sabedoría e moitas sorpresas de carácter único e xenuíno. Potenciación das sinerxías e singularidade da Vila.

7) Creación dun café gastronómico
Con ampla e libre oferta dos produtos locais, no seu estado natural ou transformados
Exemplo: Castañas, frescas en tempada e transformadas durante todo o ano: repostería, receitas tradicionais recuperadas (doces e salgadas), fariña de castañas, castañas secas...
VANTAXES: Seria e estaría en sinerxía co punto 3, 4 e intima relación o seu desenvolvemento e xestión cos puntos 5 e 6.

8) Creación da semana/s azul da ria
Coa impartición de cursos de vela, catamarán...
VANTAXES:Desenvolvemento das actividades lúdicas e de interacción social (novas e adultos) da Vila. A experiencia demóstranos de forma constante, o poder que ten a felicidade. Cando os distintos membros dunha sociedade están felices a súa unión é moi forte e as sinerxías múltiples. A Vila pode complementar a súa oferta existente ampliando o abanico de actividades saudables, divertidas e interactivas, que son un magnifico reclamo de turismo de calidade e desenvolvemento sostible.

9) Concursos de pesca
Organizados durante todo o ano, ou períodos estival e de semana Santa. Con trofeos e/ou premios.
VANTAXES: Na mesma liña que no punto 8, así como, redescubrir e valorizar a tradición mariñeira.

10) Transmitir a paixón e o amor por este fermoso lugar
É todo un proceso dinamizador que se nutre das mellores propostas, e culmina no momento en que a estas lles damos viabilidade, ó o que é o mesmo, facémolas reais e forman parte da nosa vida, noso goce e quen as descobren e comparten. sendo un ben tanxible, diferenciador e revalorizador. Os pequenos detalles son os que marcan a diferenza.

Traducido do orixinal en castelán