MEDINDO A FELICIDADE
Onde vivimos importa: Non é só un tópico nin se pode reducir a slogan dunha Consellería. Ao marxe das circunstancias persoais e da nosa propia capacidade para atopar felicidade, o benestar depende incuestionablemente da posibilidade de levar unha vida digna e saudable, e isto é estadísticamente mais probable nuns lugares que en outros. O nivel de benestar das nacións se tenta cuantificar dende hai moito tempo para facer despois unha distribución xeográfica da felicidade. Ata fai pouco se facía cun único parámetro, o crecemento económico, que reflectía a riqueza dos estados e se concretaba nas cifras do PIB e a renta per cápita. Actualmente este indicador está sendo moi cuestionado porque non expresa moitas das variables das que depende o nivel de satisfaccións dos ciudadáns. De feito, o PIB pode aumentar, e nomeadamente o fai, en situacións de guerras e catastrofes naturais, e pode tamén ser moi elevado en estados onde non se respectan os dereitos civís ou onde existen diferencias económicas extremas. Ademais, as cifras do PIB se nutren de actividades económicas positivas tanto como da industria armamentísta e outras de moi dubidoso beneficio social.
O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) elaborado pola ONU introduce na medición, ademais do PIB, outros dous importantes indicadores do benestar social: A esperanza de vida e a educación (tasa de alfabetización de adultos,tasa de matriculación nos distintos niveis de ensinanza e anos de duración da educación obrigatoria). Este medidor revela xa (informe IDH 2008) que os indices elevados de PIB non se corresponden sempre coas outras variables do IDH, mesmo en EEUU.
Ata a Coca-Cola, despois de vender durante décadas felicidade embotellada (con e sen cafeína), realizou un amplo informe (aquí) sobre a felicidade onde se establece que a xente lle outorga ao nivel de renta menos importacia que a outros factores, como a saúde, ás relacións persoais e o xeito de vida. Neste estudio (moi contestado, entre outras cousas por anecdótico), as persoas que se declaran felices, teñen traballo, si, e tamén chegan a fin de mes, por suposto, pero tamén se din valoradas no seu posto de traballo e tardan en chegar a él menos de 15 minutos, entre outros factores que se destacan.
Ao marxe da Coca-Cola, actualmente se empeza a considerar a necesidade de crear un indicador que pondere tamén como elementos do benestar humano, a cultura, o coñecemento, a calidade do traballo e o nivel de realización persoal. Tamén se consideran factores que determinan a satisfacción do cidadán a eficiencia e transparencia na xestión pública das administracións. Existen xa organismos como Transparencia Internacional (TI) que avalían estes factores para desvelar os niveis de corrupción dos estados (e que, por certo, no último informe (Corrupción en España 2008) deixou en bastante mal ao noso Estado).
Pero isto non é suficiente: Ademais é imprescindible considerar os custes sociais e ambientais das actividades que fan crecer a economía, a chamada pegada ecolóxica, na medida en que afecta de xeito directo á calidade do entorno. En definitiva, a sustentabilidade do modelo económico é un índice imprescindible para medir a calidade de vida. O Happy Planet Index realizado pola New Economic Foundation ofrece un cálculo estadístico da felicidade das nacións que introduce, xunto ao índice de benestar (IDH) e a esperanza de vida, a pegada ecolóxica como parámetro determinante. O mapa elaborado con estas cifras reflicte unha realidade que a moitos lles pode resultar sorprendente (aquí informe global): Moitos paises considerados como pobres están moitos puntos por riba dos mais ricos en índice de “felicidade”. Así encabezan a clasificación sobre 178 países o archipiélago Vanuatu, no Pacífico, seguido de Colombia, Costa Rica, Panamá e Cuba, por este orden, paises todos eles de baixo nivel económico pero con altos índices de satisfacción e esperanza de vida e unha puntuación moi baixa no apartado de pegada ecolóxica. A moitos puntos de distancia, no posto 87 do ranking, está España que con unhas lamentables cifras de incumprimento do protocolo de Kioto conseguiu un suspenso en pegada ecolóxica (4,8). Claro que peor é o caso de EEUU que se atopa no posto 150 invertendo as suas boas cifras de satisfacción e esperanza de vida cun dos peores índices ambientais do mundo (9,1), e baixando aínda mais no ranking,no posto 172 atopamos a Rusia. Nembargantes, os peores baremos son , non podía ser doutro xeito, para países cuia case ausente pegada ambiental non pode sobrepoñerse as cifras de mortaldade, á fame, ás constantes guerras e ao insoportable avasalamento das súa poboacións, todos eles no continente africano (Congo, Burundi, Swaziland e Zimbabue en último lugar): Son os paises mais infelices do mundo.
Aínda que non sexan absolutos, estes números son alomenos moi reveladores porque subverten a relación entre felicidade e consumo ata fai pouco tempo incuestionada e orixe das políticas de todos os estados, tendentes a mellorar de calquera xeito as tasas de crecemento económico (aumentando o consumo) e xustificando así actuacións que descoidan por completo os mais elementais principios de conservación ambiental, saúde pública e incluso a continuidade das actividades económicas no tempo. Fanse necesarias outras políticas encamiñadas a favorecer un entorno saudable e habitable. Non falamos deses grandes investimentos en infraestructuras que seguen centrando a propaganda institucional, senón de racionalidade e conservación da escala humana na planificación urbanística: Onde vivimos importa; a Consellería debería empezar a tomarse en serio o seu propio slogan. Falamos da preservación dos espacios naturais e da promoción de modelos de sustentables en todos os ámbitos, dende o transporte ata o turismo. É posible que deste xeito esteamos mais preparados para afrontar a previsiblemente longa e profunda crise económica que se anuncia e as restriccións que probablemente a acompañen sen que iso de teña que traducir necesariamente en infelicidade. O demais corre da nosa conta.
Feliz verán



simplicius dijo
En el plano de lo más cotidiano la observación y ojo clinico de una enfermera acostumbrada a tratar pacientes ingresados con edad, en seguida, a primer golpe de vista capta si ha trabajado en fábricas, minas, servicios sometidos a ambientes insalubres, turnos intensivos e ininterrumpidos de 24 h. de/con horarios draconianos, etc , que aquel que, bien por clase social, bien retribuido tiene un trabajo "normal"
El primero siempre presenta ojeras, o sea el obrero. Está quemao de aguantar en peso al encargadillo, jefes, estado y otras tenxiones con equix.
El segundo, nada, está relajado, con tres mesecitos de vacaciones, navidad, semana santa y fiestas de guardar y le llega el dinero a final de mes y no soporta esa angustia si lo van a despedir, etc...
En cambio al obrerito ya lo puedes sacudir a primeros, que tiene los bolsillos más agujereados que el Pupas y aunque se mate hacer horas extras, na.
El problema de la llamada felicidad son las grandes desigualdades, las diferencias salariales y los obreros no paran nunca, no conocen de vacaciones, tal vez fueron una vez de luna de miel o en la mili tal y cual. Solo paran por la Patrona y al margen de los males comunes que no reconocen ni distinguen condiciones, claro está.
Ese es el origen y raiz: los que menos hacen cobran más y los que se matan a trabajar no se comen ni una rosca. Por eso es muy importante la revolución proletaria y redistribución del trabajo y salario por igual.
El trabajo es la mayor fuente de infelicidad en este mundo capitalista y no tener un peso en el peto, una desgracia muy común como otra cualquiera.
El deterioro y desgaste físico y anímico es variable dependiendo de la actividad que se ejerza y su retribución. En este pais hay una gran diferencia de sueldos. Los directivos perciben el sueldo multiplicado por de 5 y más y eso, no puede ni debe de ser así y de ninguna manera en un estado que busca el bienestar de los ciudadanos.
La felicidad tiene que ver, a grandes rasgos con la clase social a la que se pertenece y todos estaríamos encantados de ejercer la equitación, tener yate y no dar palo al agua.
La vida urbana y consumista está llena de trampas e insatisfaciones, por el contrario la vida natural en el campo es mucho más resultona, agradable y féliz.
Está claro que los hombres más felices del mundo no trabajan, tienen caza, pesca y al alcance de la mano las frutas, hortalizas que se dan en su habitat sin cultivar de La Tierra Prometida. Tumbaos en una hamaca a tomar el viento y del resto, a tocar las maracas, allí en la playa de Copacavana dabuti, sin frío ni calor, alrededor de una hoguerita y vacilando y bajo la luna y las estrellitas...
- Pepe ¡Vámonos pa Brazil!
17 Agosto 2008 | 09:00 AM