A mais tonta de todas as pasións, a avaricia, o peor dos pecados capitais, pero aquel sobre o que se fundaron os estados “democráticos” modernos. Asi o explica de xeito minucioso e documentado Jay Hanson nun notable artigo, eso si, bastante longo (absterse preguizosos) .

Destacamos súa opinión sobre a teoría económica moderna, outro dos pilares do sistema capitalista, que, sostén o autor, adolece do erro fundamental de contradicir as Leis da Termodinámica (podedes ler tamén or artigo do mesmo autor :Cinco erros fundamentais):

...“La mayoría de las creencias doblepensantes de los economistas son simples estupideces. Por ejemplo, los economistas creen que el capitalismo está movido por el dinero. Pero los científicos ya señalaron, hace unos cien años, que el capitalismo está movido por la energía” (primeira Lei da Termodinámica)....Los economistas son entrenados para creer que lo que es teóricamente posible desde el punto de vista económico, es también físicamente posible. Pero esto se les vuelve en contra: algo ha de ser físicamente posible antes de que sea económicamente posible. Es físicamente imposible (y por tanto, económicamente imposible) mantener la energía neta (por tanto el crecimiento económico no energético) una vez que la producción global alcanza su cénit...” Sen desperdicio o extracto que se inclúe dunha entrevista co reverenciado nobel Friedman que ilustra como nada o paradoxo sobre o que se asenta a principal crenza do noso tempo.

Por outro lado haberá quen atope os seus prognósticos apocalípticos, pero eu penso que si a fame as epidemias e as guerras que diezman poboacións están a describir o Apocalipse entón este xa comezou fai tempo. E, en todo caso, a súa propostas de reemplazar á avaricia por outro pecado menos mortal, a preguiza, para refundar a sociedade, si esto fose posible, conta con toda a miña simpatía. Por qué non?

"La más tonta de todas" de Jay Hanson, traducido por Pedro Prieto ao castelán