O festival das artes pola biodiversidade, Terractiva, presenta unha nova edición para os próximos 18 e 19 de outubro cargada de actividades para todas as idades. “A feira ecolóxica máis grande de Galicia”, contará con máis de 40 expositores, 5 cursos formativos, diversos obradoiros e o Galeuzca musical. Un grande mercado verde abrirá de novo as súas portas nesta edición 2008 amosando diversos xeitos de cociña ecolóxica, produtos ecolóxicos de horta e limpeza, terapias alternativas, relacionadas todas coa defensa do medio ambiente, e tamén hai unha parte reservada á artesanía.

Este ano , Galiza Non Se Vende vai ter un quiosko na feira no que expoñerán materiais sobre as súas actividades colectivos da Rede como Fundación Galicia Verde, A Ría Non Se Vende, Verdegaia, SOS Courel, O Comité de Defensa Das Rías Altas, Pallasos en Rebeldía, etc.

En definitiva é unha boa oportunidade de coñecer novidades ou tomar contacto con temas de ecoloxía sostenibilidade e coa xente mais comprometida do noso país en relación a estes temas. Animádevos a asistir: Podedes levar unha moi agradable sorpresa.