Entrevista a Serge Latouche, ideólogo do decrecemento
O crecemento ilimitado (e tamén o seu fillo, o crecemento sostible) é unha crenza. É a crenza na que se basea a realidade de todo o noso sistema político e económico. Pero é unha crenza disparatada, porque se fundamenta no consumo de recursos indefinidamente e os recursos deste planeta son finitos. A súa contrapartida, o decrecemento, non é un concepto simétrico, aclara o que posiblemente sexa o seu ideólogo mais representativo, é un slogan provocador, unha contraposición da mesma índole que o ateísmo respecto á fe.
Entrar no decrecemento significa para Serge Latouche, o abandono deste tipo de crenzas pero basicamente un cambio cara a valores non cuantitativos e mercantilistas, cara outras formas de riqueza, nomeadamente o progreso das relacións do home coa sociedade.
E un paso definitivo cara estes valores é a relocalización. É a resposta á deslocalización, un compoñente básico do sistema, e o que xera os mais altos custes medio ambientais e sociais. A deslocalización, que ten orixe na externalización dos custes de transporte e que implica a explotación da pobreza e as desigualdades entre as nacións, acarrea tamén unha desterritorialización da vida. Latouche considera que a relocalización da economía pasa por unha relocalización da vida, así de simple: “É necesario dar sentido aos lugares...porque estamos condenados a vivir no lugar onde poñemos os dous pes”
Latouche fala de volver a comer os iogures feitos con leite das granxas próximas e con fresas de xardín. Unha garantía para a saúde pero tamén un xeito de reactivar as economías locais. Isto fai lembrar outro movemento que despunta dende fai un tempo, o movemento slow e a súa filosofía da lentitude, adoptada con acordo a unhas bases consensuadas por un número xa considerable de concellos europeos. As cittaslow (no italiano en que se idearon, aínda que xa se din en moitas linguas europeas ), para acollerse a esta denominación conveñen certos usos do público que tentan fomentar un xeito de vida pausado, saudable e completamente respectuoso co medio natural. A corrente slow non ten ,dende logo,o calado social, económico, político, nin ideolóxico do movemento polo decrecemento (haberá quen considere elitista e sibarítica a súa orixe no slow food) pero en definitiva constitúen unha praxe acorde cos postulados decrecentistas, que, de feito,xa está funcionando de xeito satisfactorio en numerosos lugares constituíndo iso que Latouche chama “unha verdadeira territorialización da vida”. Algo que tamén nos consideramos un obxectivo desexable e realizable para a nosa comunidade, tan preto de reunir as condicións necesarias...magoa que non forme parte das súas expectativas. Ou si?



Fuese ahora que aquel año llovió mucho y vino el Hortensia, aunque esto poco tenga que ver con esta historia del crecimiento limitado.
Sí es el caso que por aquellas fechas di en pensar algo parecido y si no estaría un poco loco, dada mi extrema lucidez y los mejores psiquiatras de la comunidad me confirmaron que sí, que no yo no estaba bien de la cabeza, aunque de lucidez no creían que fuese.
El doctor García Froid, que me sometió al siguiente experimento: Mi cabeza ovaloide fue sumergida en un líquido tibio y transparente contenido en un lavacerebros especial, dotado del hermetismo para que no se mojase el resto del cuerpo y de la permeabilidad funcional necesaria para que las funciones respiratorias, visuales, auditivas, vocales, etc...no se viesen afectadas por la inmersión
"Dígame, me preguntó el doctor
-¿Es usted adicto al sistema?
"No" contesté.
Y entonces el doctor García Froid vació el resto del detergente en el lavacerebros y cuando los polvos estuvieron disueltos, me repitió la pregunta, al yo volver a responder "no" dio por finalizado el experimento y me miró de arriba abajo conmiserativamente.